22 oct 2009

Galicia Dixital

A semana pasada os alumnas e alumnos de tódalas aulas do CRA fomos de visita a casa da cultura de Salvaterra. Como somos moitos, nos repartimos por grupos de dúas ou tres aulas e fixemos as visitas repartidas durante tódala semana.
O martes 13 de outubro tocoulles a Besada 3 e Besada 4/5; o mércores 14 foron Arantei, Pesqueiras e Cabreira; o xoves 15 foi o turno para os grupos de Meder e Oleiros, e finalmente o venres 16 fixeron a visita o alumnado de Fornelos e Corzáns.
As 12:30h. se saía das aulas e cando estivemos todos na porta nos deixaron entrar. Dentro había cousas moi divertidas para xogar coa tecnoloxía. Un aerodeslizador virtual (que era como un monotapin pero sen rodas), vimos unha peli en 3D (para o que nos tivemos que poñer unhas gafas especiais, había un coche de carreiras, unha pantalla xigante que parecía que estábamos metidos na catedral de Santiago e había que facer funcionar o botafumeiro... e moitas outras cousas, pero o que mais nos gustou foi "axóuxere" o can electrónico, sabía facer un monton de cousas, dende bailar sevillanas ata nadar o revolcarse polo chan.

20 oct 2009

PRIMEIROS PASOS

Este é o blog do cra a Lagoa de Salvaterra, comezamos a camiñar este curso 2009/2010 coincidindo co noso aniversario. Moitas cousas nos esperan en todos estes meses, en marcha!!