18 nov 2009

MAGOSTO 2009

O venres día 13 de Novembro, celebramos na casa da cultura de Leirado a festa do magosto deste ano.
Todo estaba moi bonito e decorado ata o mínimo detalle para facernos pasar un dia divertido de convivencia entre todos.



Para empezar, cada aula colleu un puñado de castañas e foron a levalas ao sitio onde mais tarde as nais e os pais as asarían.





Despois chegaron as actuacións......



Cos xogos pasámolo fenomenal, nos dividiron en grupos de animais e cando tocaba a serea.... deixábamolo todo no seu sitio e cambiábamos ao xogo seguinte.
Mesmo se animaron a facer unha competición coa corda Pais contra profes.



Despois de tanto xogo chegou a hora da comida, chourizos, pan, tortilla, unhas deliciosas rosquillas, rosca..... e por suposto castañas. Despois de encher o estómago era tempo de ensuciar a cara... ninguén se librou, maiores e pequenos quedamos tinguidos de negro, é a tradición.

14 nov 2009

NO SAMAÍN A BRUXA PATUXA VISITA AS AULAS

Coa visita da Bruxa Patuxa, a ilusión e a imaxinación converteron este día protaginizado polo medo, nun día divertido e cheo de emocións.

¡Grazas por visitarnos Patuxa, nunca te esqueceremos!











"ollos de gato
dentes de rato
a bruxa piruxa
se chama......Patuxa"

Con este conxuro a bruxa Patuxa fai a aparición na aula.... as reaccións foron variopintas (para algúns o impacto foi tremendo)




Tras aparecer Patuxa na aula, pregunta os nomes aos presentes e pide axuda para buscar o seu zapato, perdeuno mentres ia voando na sua vasoira e agora está descalza.



"A bruxa Patuxa, perdeu o zapato
con suela de goma, con cintas e lazos.
¡Qué triste está Patuxa, sen o seu zapato!
¡Qué triste está Patuxa, co seu pé descalzo!"

Tras cantar esta canción tódolos nenos e nenas saen ao patio a axudar a bruxa a atopar o seu zapato perdido.


Ao final atopan o zapato e Patuxa está tan leda que lles regala os caramelos que trae dentro da súa bolsa. A bruxa se despide e tódolos nenos e nenas piden un desexo.... " que Patuxa volva a visitalos no próximo ano"



Este video foi grabado na aula de Pesqueiras, pero a bruxa Patuxa visitou a tódolos nenos e nenas do CRA A Lagoa como podedes ver nas fotos que veñen a continuación.




PARABÉNS ESTELA


Realizamos un TALLER DE COCIÑA para festexar o cumpreanos de Estela.

Coa axuda de Carmen aprendemos a facer unha riquísima tarta de queixo.


Deste xeito comezamos a darnos conta da importancia das medidas, por medio da mestura dos distintos ingredentes, e recoñecemos moitos números ( 2 ovos, 10 porcións de queixo, etc…).



Deste xeito, ademáis de interpretar as matemáticas dunha forma significativa foi unha maneira moi especial de celebrar a festa coa participación e axuda de todos.

O NOSO XARDÍN


Grazas a vosa axuda aprendemos moitas cousiñas sobre as prantas:

- Como se alimentan.


- O que precisan para medrar.

- E os coidados que lles son necesarios.

Deste xeito, ímonos facendo cada día máis responsables e descubrindo os
seres vivos que nos rodean, dos cales tamén necesitamos para crecer nós saudables e fortes.






GRAZAS familias por axudarnos neste importante descubrimento.
Sen a vosaaxuda non se
ría posible.



5 nov 2009

Halloween

Halloween


Halloween é a festa máis importante que celebran os Celtas hai máis de tres mil anos. Para eles o ano Novo empezaba agora, co cambio de estación, coa recollida das colleitas.

A orixe de Halloween provén de Irlanda, país onde mellor se gardaron as antigas tradicións celtas e druídicas. De feito orixinariamente foi chamada "A vixilia do Saman", en honor o deus da morte dos druídas (Saman ou Samhain). No intento de cristianizar esta festa pagana, pasa a coñecerse como día de Tódolos Santos ou All Hallow's day en inglés, chegando o costume de chamar a noite anterior All Hallow's eve, que acurtando na fala, transformarase co tempo en Halloween.
Os Celtas crían que na véspera do Samhain o mundo dos vivos e o mundo dos finados uníanse, e as almas dos mortos regresaban a visitar os fogares da terra. Para mantelos contentos e que se foran os malos espíritus, os Celtas deixaban comida ou lambetadas nas casas e tallaban cabazas para alumbrarlles o camiño.
Así hoxe Halloween ou Samaín é a festa das calaberas, dos disfraces...













Happy

Halloween!























































































































































































































































































































































































































































































































































































































































































































































































































































































































































































































































































































































































































































































































































































































































































































































































































































































































































































































































































































































































































3 nov 2009

MIGALLAS

O pasado luns día 19 de novembro, tódalas aulas fomos a ver una actuación do dúo “Migallas”. As 12:40 empezamos a chegar a explanada do concello de Salvaterra, e cando todos e todas estivemos ben colocados en filas fomos entrando por orde ao salón de actos do concello.
Una vez que xa estivemos ben sentados comezou o espectáculo, primeiro entrou “Antón” e seguido del, chegou “Rosiña”. Pasámolo moi ben escoitando as súas historias e cantando as súas cancións.
Cando rematou todo, Rosiña e Antón, volveron ao salón para facerse fotos con nos, entón por quendas, fomos colocándonos por grupos para deixar ese recordo na cámara do cole.