Esta vez reunímonos na casa da cultuar de Leirado, según entrábamos as profes nos daban un gorro de papa Noel para que o puxésemos, despois fomos por aulas a sentarnos nas cadeiras, e pouco mais tarde empezaron as actuacións.
Primeiro, "O Rei Midas" e o seu show de maxia, algúns trucos foron impresionantes. Ademais regalaba globos aos seus axudantes e era moi gracioso.
Cando rematou a súa actuación era o turno dos neno e nenas, que subian a cantar unha panxoliña. Titulábase "O abeto está valeiro". Cada aula levaba un adorno colgado do pescozo, así que , despois de cantar fomos baixando e adornando a árbore que estaba no escenario.
Despois subiron os pais e as nais, se animaron moitos, así que o escenario estaba cheo, cantaron a panxoliña "Los peces en el río". Grazas por a vosa participación, o fixestes xenial.
Para rematar coas actuacións, era a quenda das mestras e mestres, que cantaban unha panxoliña titulada "Buscando Papá Noel".
Antes de que apareceran as súas maxestades, Melchor, Gaspar e Baltasar, fixemos una actividade que non estaba preparada, y é que era o aniversario da profe Elena, e ademais a profe Angeles, tamén estivera de aniversario facía moi pouco, así que lles fixemos unha homenaxe cantando o "cumpreanos feliz".
Cando chegaron os Reis Magos, tódolos nenos e nenas do CRA subiron por orde a darlles as cartas que prepararan na clase. Pero os reis xa traían algún agasallo para todo aquel que se quería acercar a darlles un bico, e tamén trouxeron caramelos.
Para repor forzas de tato nervo e ilusión, fomos a comer nas mesas todo tipo de doces típicos de nadal, turron, galletas, polvoróns.....
Que ben o pasamos, dende aquí queremos desexarvos a todos e todas BOAS FESTAS E FELIZ ANO 2010.
lembrade que ata o día 11 de Xaneiro non temos que volver.
BOAS VACACIÓNS.