Blog do Colexio Rural Agrupado A Lagoa, composto por 7 escolas: Arantei, A Vesada, Cabreira, Oleiros, Fornelos, Pesqueiras, Corzáns e con sede en Salvaterra de Miño, Rúa Rosalía de Castro 108 (Tlf.986659363)
26 feb 2010
23 feb 2010
Recomendacións do Primeiro Trimestre
A continuación expoñémovos as recomendacións que xa enviamos ao final do primeiro trimestre ás familias en formato de papel e que queremos compartir co resto de xente que pode acceder ao noso blog.
BENVIDOS Á NOSA AULA DE CORZÁNS!!!!!!!!!!!
Bicosssssssssssssssssssssss
AULA DE FORNELOS
O patio da nosa escola tamén é grande, nel hai 3 carballos grandes, 1 areeiro, un lugar cuberto onde temos os xoguetes e a nosa "casiña", temos columpios, 1 balancín e 2 cabaliños.Pasámolo xenial xogando nel o fútbol, na casiña, nos columpios, á pita, ás agachadas, facendo obras no areeiro...
18 feb 2010
16 feb 2010
ENTROIDO 2010
Tivemos moita sorte co tempo, porque ainda que facía frío non chovia e puidemos desfrutar do desfile que tiñamos planeado dende a estación de tren, ata o parque da Canuda.
Non estábamos sos, tamén desfilaban os alumnos do CEIP Infante Felipe de Borbón (coa comparsa "Camiño de santiago"), o CEIP de Leirado (coa comparsa "Alicia no pais das marabillas") e o CEP Carlos Casares (coa comparsa "Isto é unha paiasada")
Ao chegar ao parque, actuamos para tódolos presentes e tamén vimos as actuacións dos demais colexios. Tamén nos deron chocolate quente para merendar e as nosas profes repartiron galletas e biscoitos para mollar nel.
Para rematar vimos una actuacion dun contacontos estupendo que nos contou o conto do "traxe novo do rei".
Grazas a todos e todas os que colaboraron e se animaron a participar nesta gran festa. Deíxovos co video e as fotos para que lembredes este gran día.
CUMPRIMOS OS MANDATOS DA TÍA MÓNICA
15 feb 2010
A semana do entroido
Durante a semana do entroido os nenos de Oleiros seguimos os mandatos da Tía Mónica.
Estivemos moi simpáticos cos seus mandatos, mirade, mirade:
aquí estamos cos nosos bonitos mandiles
Tamén cos gorros, que ata os tiñamos a xogo.
Xa só nos faltaba o bigote
XA ESTAMOS LISTOS PARA FACER O PASTEL DE ANIVERSARIO DO COLE E OS NOSOS TRAXES DE ENTROIDO.
11 feb 2010
Canción X Aniversario CRA A Lagoa.
O noso colexio Xa cumpre dez anos, Aquí en Salvaterra Pasámolo ben | Todos estes anos Traballando duro Para que estes nenos Poidan aprender |
O CRA A Lagoa É un centro especial Oito escolas nun mesmo caixón | O CRA A Lagoa É un centro especial Oito escolas nun mesmo caixón |
Todos os Mestres Sentimos ledicia, Sentimos paixón De ensinar aquí | En definitiva Isto é estupendo Co paso dos anos Cheos de ilusión |
O CRA A Lagoa É un centro especial Oito escolas Nun mesmo caixón | O CRA A Lagoa É un centro especial Oito escolas nun mesmo caixón |
ARANTEI, BESADA, CABREIRA, OLEIROS, FORNELOS E PESQUEIRAS TAMÉN | ARANTEI, BESADA, CABREIRA, OLEIROS, FORNELOS E PESQUEIRAS TAMÉN |
NON ESQUEZAS, MEDER E CORZÁNS TODOS XUNTOS IMOS FESTEXAR: | NON ESQUEZAS, MEDER E CORZÁNS TODOS XUNTOS IMOS FESTEXAR (bis) |
CUMPREANOS FELIZ CUMPREANOS FELIZ DESEXÁMOSTE TODOS CUMPREANOS FELIZ | CUMPREANOS FELIZ CUMPREANOS FELIZ DESEXÁMOSTE TODOS CUMPREANOS FELIZ (bis) |
(Letra e música: José Carlos González Fernández) |
9 feb 2010
AULA DE A VESADA
2 feb 2010
ESTA É A NOSA AULA
Ola, somos os nenos e nenas de Arantei, ademais de traballar as fichas e xogar no patio, facemos actividades moi divertidas coas que aprendemos un montón. Aquí vai un resumo dalgunhas das cousas que fixemos no primeiro trimestre.
Coa pizarra dixital, facemos moitas actividades e nos divertimos, nestas fotos estamos a realizar un debuxo abstracto entre todos.
Cando chegou o outono, fixemos un mural estampando follas de diferentes formas, no noso recuncho dos artistas.
Probamos distintos tipos de froita
Fixemos a nosa vendima particular
Dende a selección da uva,
Ata o esmagado
E rematando coa extracción do líquido.
Celebramos os cumpreanos,
aquí estamos no aniversario de Sara.
En samaín valeiramos cabazas e adornamos a aula,
tamén nos disfrazamos de vampiros para recibir a bruxa Patuxa.
Bueno, isto é todo polo momento..... seguiremos informando nas nosas novidades en moi pouquiño tempo.
DESCUBRIMOS COUSAS SOBRE O INVERNO
Coa axuda do trasno da nosa aula "Ioliro" comezamos a investigar e descubrir a vida nas zonas mais frías do noso planeta.
Tamén investigamos sobre as características das súas casas e a súa temperatura.
E mesmo creamos o noso recanto do inverno, onde descubrimos moitíiiisimas cousas novas.
"Un home moi branco
no medio do frío
que cando sae o sol
convírtese en río"
¿Adiviñas qué é?