10 mar 2010

OS NEN@S DA ESCOLA DE FORNELOS TAMÉN TEMOS MASCOTAS NA CASA

Nas nosas casas tamén temos mascotas ás que coidamos con moito cariño.
Sergio ten un paxariño (Pimpim), Laura ten dous cans (Tobi e Turco), Lucía unha tartaruga (Pepita), Miguel Ángel un can ( Pilito)e un gato ( Galiñeiro), Kevin ten unha cadeliña (Cuqui) e dúas galiñas ( Pachuca e Patula), Nerea Brandao un can ( Trosky) e un gato (Chuli), Nerea Martínez unha cadeliña (Lúa), Sara un canario (Bambi) e un gato ( Lolo), tamén tiña unha tartaruga (Clementina) que xa lle morreu.
A Roi encántalle os animais , ten catro cans ( Chispita, Trueno, Rayo e Misterio), tamén ten un gato (Fungas) e unha tartaruga ( Filomena).
Carla ten unha cabuxa (Filusera) e antes tiña outra que se chamaba Espadin, e tamén ten dúas tartarugas ( Cleo e Cascabel).
Adrián e Zaida son irmáns e ten unha cadela ( Perla) un can (Bruss) e unha tartaruga ( Chuli).
Raquel e Nerea Casales tamén son irmás e ten unha egua ( Susa) e dous cans ( Jerry e Luky), Nerea Pacheco ten unha cabuxiña ( Cuqui), Diego un can (Risco) e unha tartaruga, Marta un can (Pirata), Paula un gato( Luis), Xoel un can (Rex) e unha vaca (Chuleta) e a única que non ten ningún animal é Idaiara.
Estas son as nosas mascotas, como vedes encántannos os animais, lembrade que non son un xoguete, hai que coidalos .

No hay comentarios:

Publicar un comentario

¿DESEXAS ESCRIBIR UN COMENTARIO SOBRE ESTA ENTRADA? Adiante, escribe o que queiras a continuación pero....por favor, IDENTIFÍCATE. Grazas.