30 may 2010

XUNTANZA ESCOLAR INFANTIL II

Xa hai algunhas semanas que vos anunciábamos neste blog o acontecementeo que tivo lugar o pasado venres día 28 de maio. Era a 1ª xuntanza escolar infantil do concello de salvaterra.

Con moi bo tempo, sobre as 10:00 da maña, empezábamos a orgniazar os grupos de cores e a repartirnos polos diferntes xogos, cada un no que lle tocaba empezar. Barcas, piratas, tesouros, medallas, paracaídas, pescadores, equipos de emerxencia, policía, castelos inchables, columpios, tobogáns
, bicicletas e patins agardaban por nos para empezar unha xornada, que sen a axuda de tódolos colaboradores e colaboradoras non houbera sido posible.

Despois de percorrer cinco das nove probas que tiña o circuito, na metade da mañá, puidemos repoñer forzas a sombra das árbores, con plátanos e mazás invitados polo concello de Salvaterra. Foi un gran momento de convivencia entre todos, pais, profes e alumnado das escolas participantes (CRA A Lagoa, CEP Carlos Casares, CEIP Infante Felipe e CEIP de Leirado)

Para recordo de todo o vivido neste día a continuación tedes un video.

Grazas de novo e ata o ano que ven.


19 may 2010

SAÍDA AO TEATRO CAIXANOVA DE VIGO

Hoxe pola maña tivemos unha saída a Vigo. Amaneceu outro día de bo tempo e calor, todos moi contentos marchamos de Salvaterra sobre as 9:30h.


Ao chegar a esta cidade os autobuses nos levaron ao parque de Castrelos, alí estaba previsto tomar a merenda e desfrutar un pouco dos columpios.

A continuacion volvimos aos autobuses e nos diriximos cara o centro de Vigo, onde se atopa o Centro Cultural caixanova. Alí asistimos a unha actuación titulada "me duele el caparazón", que estaba representada por un grupo teatral chamado "taaat - Farrés Brothers y cia".


Tivemos moita sorte en poder desfrutar de este espectáculo, pois esta obra foi galardoada co premio ao mellor espectáculo infantil do XXV Festival Internacional de Títeres de Vall d’Albadia (Valencia), en noviembre de 2009.

O protagonista da obra era unha tartaruga chamada Juan. A Juan doíalle o caparzón. Non había forma de que lle pasara, nin con regalos, visitas de amigos, cancións ou agarimos da súa familia.... Non tiña mais remedio que acudir ao caparazólogo (que era o médico especialista neste tipo de males).
Pero a Juan isto non lle facía gracia ninguha, porque escoitara historias moi extrañas sobre este médico e.... agora tíñalle medo.

Esta historia é un espectáculo estupendo, o escenario vai cambiando de forma, a música e as risas se mezclan cos diálogos de novos personaxes que van aparecendo. O que fixo que fora moi entretido todo o tempo que estivemos ali.



De todo isto podedes ver mais fotos a continuación.


18 may 2010

DÍA DO LIBRO : "A CASA DA MOSCA CHOSCA"











O venres 23 de abril na escola de Fornelos celebramos o día do libro dun xeito moi especial. Tivemos a gran sorte de que o grupo de teatro " As Fraguiñas" de Fornelos, formado por pais e nais de alumnos e alumnas desta escola nos representaran o conto da " Casa da mosca Chosca", adaptado e con novos personaxes.






A actuación foi no teleclub de Fornelos, que tamén os pais e nais se encargaron de preparar para tal evento.




A preparación desta actividade supuxo un gran esforzo por parte destas familias participantes, xa que se encargaron de diseñar e elaborar os disfraces e de varios ensaios , aínda que o máis importante foi coa ilusión que o fixeron.









Ó remate da actuación os nenos e nenas tiveron un agasallo ; un libro e un marcapáxinas e puideron probar a torta de gominolas da Mosca Chosca.
A experiencia , despois de facer un sondeo entre os nenas ,foi un éxito , xa que os nenos e nenas quedaron encantados de que os seus pais nais fosen os actores da obra.

Queremos felicitar a todos os participantes nesta actividade e dar as grazas pola súa participación , dedicación e implicación na educación dos seus fillos/as. ¡ Sodes xeniais!










FESTA DAS LETRAS GALEGAS

Hoxe pola maña celebramos no parque da Canuda de Salvaterra a festa do día das Letras Galegas.
Compartimos este día coas demais escolas de Salvaterra (CEIP Infante Felipe de Borbón, CEP Carlos Casares e o CEIP de Leirado).

Chegamos ali sobre as 10 da maña e ocupamos os nosos asientos no graderío do anfiteatro do parque.

A primeira actividade foi a entrega de premios dos concursos de marcapáxinas e redaccións, do noso colexio, Daniel (de Meder) foi o afortunado que gañou un lote de plástica polo seu marcapáxinas.

A continuación cada escola saíu a representar as actuacións que tiñan preparadas con motivo do día das letras galegas.

O primeiro en actuar foi CEP Carlos Casares co seu baile dos paraugas.


Despois foron os do CEIP Infante Felipe de Borbón que nos deleitaron con unhas pezas musicais tradicionais de gaita e pandeiretas.




Os terceiros en sair foron os nenos e nenas do CEIP de Leirado, que nos fixeron baile titulado "media volta" do grupo de gaiteiros "pelo gato vinte e catro".




Os últimos en actuar fomos nos, que tiñamos preparada unha biografía do autor a través de imaxes.


Máis tarde, despois da merenda, asistimos a actuación do grupo de animación infantil "rivel", foi moi divertido e quedamos con ganas de mais,
o mellor de todo foi o xogo do baile das estatuas onde desfrutamos moito.


Para rematar puidemos xogar no parque ou descansar a sombra das árbores porque facía moita calor.



14 may 2010

XUNTANZA ESCOLAR INFANTIL

O vindeiro 28 de maio, no Parque da Canuda terá lugar a 1ª Xuntanza escolar infantil do Concello de Salvaterra, organizada polos centros de Educación Infantil e Primaria deste Concello.´
Trátase dunha xuntanza que ten como obxectivo promover o contacto entre escolares dos distintos centros do Concello de Salvaterra.
Nela participan todo o alumnado infantil do CEIP Infante Felipe de Borbón, CEIP de Leirado, CRA a Lagoa e ademais o grupo de 1º de primaria do CEP Carlos Casares.
Contamos coa colaboración familiar para a organización dos xogos e talleres, así como coa colaboración dos servizos de emerxencias, policía local e como non do Concello.

Esperamos que sexa unha xornada de disfrute para todos.

11 may 2010

BACO E VENUS VISITAN FORNELOS



O mércores 21 de abril , Roi , ademais de traer a súa mochila á escola trouxo tamén unha cestiña.Nela traía unha sorpresa. A sorpresa eran dous cadeliños , un can chamado Baco e unha cadeliña chamada Venus.


Díxonos que eran de seu tío Alfredo e que llos prestara para ensinárnolos ós nenos e nenas na escola e que eran uns cachorriños de raza jorsay.


Nun primeiro momento estiveron moi tranquiliños na súa cesta e durmiron sen molestar a ninguén.


Ó pouco comezaron a espertar e xa non había maneira de facelos parar na cesta, a profe volvíaos meter na cesta pero eles querían festa.


Despois o pai de Roi levounos xa que tiñamos medo de pisalos. E así foi a visita de Baco e Venus á escola.


UNHA CONVIDADA MOI ESPECIAL NA SEMANA DO DÍA DO LIBRO


Na semana do día do libro( concretamente o martes 20 de abril ), na escola de Fornelos tivemos unha convidada moi especial. A nosa convidada foi Begoña, non a nosa profe, que tamén estaba , senón que foi Begoña a nai de Sara que nos veu contar o conto " Os petos de Loreto"

Loreto era unha señora que tiña un abrigo cheo de petos e neles gardaba cousas impensables, ¡ata un elefante!.

Gustounos moito o conto e tamén nos gustou que fose unha nai a que nolo contara.

Ademais Begoña tamén nos ensinou a canción do " Cuco Cuqueiro", que por casualidade resultou ser un dos poemas que Manuel María lle adicou ó autor homenaxeado este ano no día das Letras Galegas; a Uxío Novoneyra.

Queremos dar as grazas a Begoña pola súa participación e pola súa ilusión por compartir uns minutos connosco, e queremos convidar ós demais pais/nais a vivir esta experiencia.

¡ AVISO IMPORTANTE!

Na escola de Fornelos tivemos unha desaparición. A nosa tartaruga " Angelita" leva días desaparecida. Nós pensamos que foi o trasno Pepe o que a levou ou que marchou de vacacións ó Caribe.

Se alguén ten algunha noticia sobre o seu paradeiro , prégase que nolo faga saber.

Esta é a súa foto...

" SEMENTAR, SEMENTAREI..."


O luns 12 de abril na xardineira da escola de Fornelos ,que tan ben nos prepararon algunhas nais, sementamos leitugas. A profe trouxo un sobre de leitugas que mercou, preparamos a terra e sementámolas. Cada un foi botando uns granciños na terra e despois tapámolas.

Cada día tinamos que regalas e aproximadamente en dúas semanas naceron. Como ten feito tanto frío medran pouquiño a pouco ; pero decidimos plantar unhas que trouxo a profe que xa son máis grandiñas para que antes de que remate o curso poidamos levar algunha para que na casa nos preparen unha ensalada de leituga.



Agora temos que coidalas moi ben para que medren axiña.