11 may 2010

UNHA CONVIDADA MOI ESPECIAL NA SEMANA DO DÍA DO LIBRO


Na semana do día do libro( concretamente o martes 20 de abril ), na escola de Fornelos tivemos unha convidada moi especial. A nosa convidada foi Begoña, non a nosa profe, que tamén estaba , senón que foi Begoña a nai de Sara que nos veu contar o conto " Os petos de Loreto"

Loreto era unha señora que tiña un abrigo cheo de petos e neles gardaba cousas impensables, ¡ata un elefante!.

Gustounos moito o conto e tamén nos gustou que fose unha nai a que nolo contara.

Ademais Begoña tamén nos ensinou a canción do " Cuco Cuqueiro", que por casualidade resultou ser un dos poemas que Manuel María lle adicou ó autor homenaxeado este ano no día das Letras Galegas; a Uxío Novoneyra.

Queremos dar as grazas a Begoña pola súa participación e pola súa ilusión por compartir uns minutos connosco, e queremos convidar ós demais pais/nais a vivir esta experiencia.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

¿DESEXAS ESCRIBIR UN COMENTARIO SOBRE ESTA ENTRADA? Adiante, escribe o que queiras a continuación pero....por favor, IDENTIFÍCATE. Grazas.