20 jun. 2010

FESTA 10º ANIVERSARIO. CHEGOU O DÍA

O pasado sábado día 12 de xuño tivemos a celebración do 10º aniversario do nacemento do CRA A Lagoa.

As 11:30 estaba previsto a apertura da festa. Todo estaba disposto no auditorio do parque da Canuda de Salvaterra.



En primeiro lugar desfrutamos das actuacións do grupo de
baile "ondiñas" de Leirado. Onde grades e pequenos bailaron ao son de gaitas e pandeiretas.




Ao remate do baile foi a lectura do pregón e cantouse o himno conmemorativo do aniversario do
CRA. Composto por un compañeiro mestre da escola.




Mais tarde, todos pudimos botar unha ollada a exposición que tiñamos preparada.
Unha montaxe de traballos e fotografías que se conservan do CRA, dende o mais antigo ata anos mais re
centes.


Tamén había maquetas das nosas aulas, elaboradas polas mestras e alumnado deste curso, e outros traballos relacionados coas escolas que forman parte do CRA.



Ademais disto divertímonos subindo ao touro mecánico, e intentando estoupar as pompas de xabrón que facía o pompeiro.






A hora do xantar, achegámonos ao chiringuito onde comimos carne ó caldeiro e polbo. O viño que bebimos foi por cortesía das bodegas da zona, grazas aos que colaborastes.



Para rematar vos recordamos que temos a venda calendarios reversibles do ano 2010 e 2011, deseñados en exclusiva pola escola, e que axudan a financiar esta festa e outras saídas.

Se queredes colaborar pasádevos pola sede na rúa Rosalía de Castro, custan 2,50 euros.





No hay comentarios:

Publicar un comentario

¿DESEXAS ESCRIBIR UN COMENTARIO SOBRE ESTA ENTRADA? Adiante, escribe o que queiras a continuación pero....por favor, IDENTIFÍCATE. Grazas.