22 abr. 2010

23 de Abril. Dia do Libro


Con motivo da celebración do día do libro queremos presentarvos a .... LAGOIÑO.

Esta é a mascota da biblioteca, xa viaxou por tódalas aulas e mandou cartas a tódolos nenos e nenas.

Gústalle moito a nosa escola e quere quedarse entre nós, así que estamos encantados.

Traerá contos novos e nos ensinara moitas cousas sobre o mundo dos libros.

BENVIDO LAGOIÑO!!


20 abr. 2010

A primavera en Cabreira





































Ola amiguiños/as querémovos ensinar como se atopa o noso patio
nesta nova estación despois do frío inverno que pasamos. Tamén
decoramos as ventás e a aula. Esperamos que vos gusten.

15 abr. 2010

EXCURSIÓN AO MONTE ALOIA

Hoxe fomos tódalas aulas do CRA de excursión ao monte Aloia en Tui.

Mirando ao ceo durante tódala semana e esperando que a choiva non quixera acompañarnos, nos arriscamos, e para ledicia de tódolos nenos e nenas, non se suspendeu a viaxe.

As 9:30 da mañá estábamos citados na porta do pabillon do CEIP Infante Felipe, onde agardaban os autobuses.


Cando chegamos recibironnos os monitores da aula de natureza, que nos explicaron moitas cousas sobre os animais e as prantas que viven neste monte.




Logo
chegou o momento da merenda, non sabíamos a camiñada que nos agardaba despois, porque se non, algún houbera comido algún anaco mais de pan con chocolate.






Estivemos andando polo monte un bo rato, costa arriba, vimos vacas e babosas, flores e árbores de moitos tipos.

Os monitores ían con nos explicando cousas e falando sobre as flores e as árbores.


Chegamos ao final do percorrido moi cansos pero contentos. Pasámolo moi ben.


10 abr. 2010

Regalos para o día do Pai





























Este ano os nenos/as de Cabreira fixeron algo moi especial para regalarlle ós seus papis. Fixérono de diferentes cores para distinguilos por idades. Despois de ver as fotos a ver si adiviñades o que é.
Xa sabedes agora o que son? Son bomboneiras e dentro levaban unha receita moi especial de amor para os seus papis. Espero que vos gustasen.

8 abr. 2010

UN AMIGO MOI ESPECIAL


O martes 23 de marzo aconteceu algo na escola de Fornelos.Nós acabaramos de entrar na escola e todo era normal. De pronto soa o timbre , sae a profe e despois dinos que temos que ir ver algo ó patio.Todos deixamos o que estábamos facendo e saímos.Alí no alto dun dos carballos da escola estaba un fermoso moucho.Encántounos velo e el estaba tan tranquilo alí sen moverselle nin unha pluma.Era de cor gris claro e mesmo parecía un gato, pero non era.

Nós pensamos que é a moucha repoucha do conto da mosca chosca, quen sabe...

O caso é que continuou alí varios días , a ver se volve e o adoptamos como mascota.

EN BUSCA DOS COELLIÑOS DE PASCUA

O venres antes das vacacións de Semana Santa á nosa profe ocurriuselle traer 20 coelliños de Pascua de chocolate pequenos e un coelliño grande.

Mentres nós quedamos na aula de psicomotricidade da escola a profe agochou os 20 coelliños na outra aula.E nós tivemos que atopalos .O xogo foi moi divertido e algún de nós quedou moi sorprendido onde estaba o coelliño. Algúns estaban moi, moi agochados ( no peto da chaqueta da profe, detras dos contos da biblioteca, nos caixóns , nos lapiceiros, dentro da caixa dos animais de xoguete, ...en fin que a búsqueda non foi doada , pero atopar atopámolos e foi moi divertido.Cando atopamos os 20 coelliños pequenos era o noso turno agora fomos nós quen agochamos o coello grande ás profes(Cruz, Elena e Begoña). Foi un pouco complicado , pois non non dabamos posto dacordo onde agochalo e o telo agochado cando viñan as profes algún neno dos máis pequenos non o deixaba parar alí. Finalmente conseguimos agochalo e foi a profe Cruz quen deu con el .

Pasámolo xenial.Despois levamos o coelliño.





UN OVO DE PASCUA


Na semana antes das vacacións de Semana Santa na escola de Fornelos fixemos este ovo de Pascua en foamy co coelliño de pascua.




DÍA DO PAI

Os nenos e nenas da escola de Fornelos fíxemos na escola un marco de fotos en foamy para os nosos pais.

Fixémolo con toda a ilusión e cariño.¡Esperamos que lle gustase o regaliño!
Este foi o resultado...cada un é orixinal , non hai ningún igual.