15 dic. 2011

PROGRAMA DA FESTA DE NADAL 2011




DATA: Mércores 21 de decembro

LUGAR: Casa da cultura de Leirado

9:45- Chegada e recibimento

10:00 - Benvida


10:15 - Obra de títeres "o zapateiro e os trasnos" (representada polos mestres e mestra do cra)




10:45 - Actuacións das aulas (panxoliñas en cantadas en distintos idiomas) que sairán  na seguinte orde:

  • Arre borriquita (panxoliña en Español representada polos alumnos das aulas de Oleiros, Meder e Arantei)

  • Bate o Sino (panxoliña en Portugués interpretada polos alumnos e alumnas das aulas de Cabreira e Fornelos)

  • As muxicas no ceo de Belén (panxoliña cantada en galego polos alumnos e alumnas das aulas de Corzáns e Pesqueiras)
  • Santa Claus is coming to town (panxoliña representada en inglés polos alumnos e alumnas das aulas de Vesada A e Vesada B).

11:30 - Actuación das familias coa panxoliña "Nadal de Luintra" do grupo musical Berrogüeto.




11:45 - Actuación musical


12:00 - Actuación dos nenos e nenas do cra co baile "waca waca"









12:15 - Degustación de rosca e produtos típicos navideños.







12:45 - Visita das Súas Maxestades os Reis Magos de Oriente.






13:45 - Fin da festa e despedida





Esperamos que desfrutedes moito desta festa de nadal. 




11 dic. 2011

PANXOLIÑA DE NADAL PARA OS PAIS

Hola a todos: 

Como xa sabedes por outros anos, e aos que non o sabedes por ser novos no cole vos informo, que tradicionalmente na festa de nadal, que este ano será o dia 21 de decembro, os pais e nais tamén teñen o seu momento de protagonismo e cantan unha panxoliña no escenario todos xuntos.

Pois ben, esta é a canción de nadal que este ano vos propoñemos, é algo distinta ao acostumado pero non vos preocupedes porque teredes a axuda do playback de fondo para seguir a melodia e mais a letra.



Berrogüetto. CANTIGAS DE NADAL. Nadal de Luintra

Cara Belén camiña
unha Nena ocupada
fermosa, en canto a ela,
San Xosé a acompaña.

Chegaron a Belén
e pediron pousada,
responderon de adentro
con voz alborotada.

¿Quen chama á miña porta,
quen á porta me chama?
Somos Xosé e María
que pedimos pousada.

Se traen cartos que entren
e senón que se vaian.
Cartos non traerei,
máis que un real de prata.

Isos son poucos cartos,
pídanno noutra parte.
San Xosé xa penaba,
María o consolaba.

Non te apenes Xosé,
non te apenes por nada,
¿qué máis cartos ti queres
que isto que me acompaña?



7 dic. 2011

VISITA DE ANXO MOURE POLAS AULAS DO CRA

O pasado venres tivemos a visita de Anxo moure, veu no seu "paztinete" para contarnos un montón de historias. Pasámolo xenial e aprendimos moitas couas tamén.Grazas Anxo, volve a visitarnos noutra ocasión.


6 dic. 2011

XUNTANZA CABREIRA-ARANTEI

O VENRES DÍA 2 TIVEMOS UNHA XORNADA DE CONVIVENCIA ENTRE AS AULAS DE CABREIRA E ARANTEI. COMPARTIMOS ACTIVIDADES E TIVEMOS A VISITA DO "ATRAPADOR DE CONTOS" ANXO MOURE QUE NOS GUSTOU MOITO.



video

ESTIVEMOS VENDO UN VIDEO DUN DOS SEUS CONTOS, " O CARBALLO CON BOTAS" Se tedes curiosidade por saber cal é este conto... a continuación poderedes velo.
Os Contos do bardo Abelardo - O carballo con botas . E DESPOIS FIXEMOS UN LIBRIÑO TODO CHEO DE ACTIVIDADES SOBRE O CONTO

3 dic. 2011

Xuntanza CORZÁNS-MEDER

Os nen@s da escola de Corzáns fixeron un cartel de benvida para os nen@s da escola de Meder que nos viñeron a visitar












Para celebrar a nosa xuntanza fixemos un cadro conmemorativo co fin de recordar no futuro tan sinalada data. Mirade que artistas estamos feitos....



E Anxo Moure contounos unhas historias moi orixinais

O NADAL NA VESADA

28 nov. 2011

VISITA DE ANXO MOURE





O venres 2 de decembro contaremos coa visita do contador de historias Anxo Moure. Podedes consultar a súa páxina de Contos Solidarios clicando na imaxe superior.



17 nov. 2011

UN HOME ORQUESTRA NA NOSA ESCOLA

Con motivo da celebración do magosto deste ano,  que fixemos no centro cultural de Leirado,  o home orquestra "Cé orquestra Pantasma" veu a facernos una actuación a nosa escola.

Pasámolo moi ben coas súas cancións e os seus bailes, a continuación tedes un resumo do repertorio que nos fixo.


CELEBRACIÓN DO MAGOSTO

Como ben sabedes, pasado venres dia 11 de novembro celebramos o magosto na nosa escola, xogos, castañas asadas e moito mais xuntáronse para facernos pasar unha mañá moi divertida.


Gustaríame dar de novo as grazas a tódolos colaboradores, axudantes e demais participantes que fixeron posible que todo saira ben.

Grazas en primeiro lugar as familias das dúas aulas de A Vesada pola súa entrega á hora de organizar a decoración e a comida. Recordámosvos que o próximo ano as aulas que lles tocará organizar este dia son Pesqueiras e Cabreira.

Agradecer tamén a AMPA a súa colaboración traendo os bocadillos para repoñer forzas a media mañá. 

En terceiro lugar, grazas a BEGANO (bebidas gaseosas do noroeste) pola súa participación coas bebidas. 

E por último, grazas a todos e todas por vir, xogar, participar, cantar, aplaudir e sobre todo acompañarnos nesta mañá de festa. 

MOITAS GRAZAS.


A Primeira hora tivemos tempo para xogar no circuito de xogos ambientados no magosto e o outono, no que participaban por grupos tódolos cativos e cativas xunto cos mestres e mestras.

Podedes ver as fotos na seguinte presentación:


Ao remate dos xogos cantamos a xa tradicional canción do magosto, todos xuntos (mestres, nenos e familirares), situados nunha gran roda, no medio do centro cultural de Leirado, que era onde se celebraba esta festa. 

Se queredes recordar como foi a continuación tedes un video sobre esto:



11 nov. 2011

A BRUXA PATUXA DEIXOUNOS AGASALLOS

Xa fai uns dias que vos contabamos neste blog, que a bruxa Patuxa volveu outro ano mais a visitar as nosas aulas.

Agora queremos corntarvos, dende o punto de vista dos rapaces e rapazas da aula de Arantei, qué é o que pasa cando marcha a bruxa.


Patuxa sempre deixa un paquetito sorpresa e unha carta de despedida. 

¿queredes saber qué agasallos deixou este ano? 

Pois non vos perdades o video que ven a continuación.




6 nov. 2011

VISITA DA BRUXA PATUXA

   Un ano mais a bruxa patuxa visitou as nosas escolas. 

    É tan despistada que volveu a perder o seu zapato, e os nenos e nenas tiveron que axudala a buscalo e a poñelo no seu pé.
    Menos mal que Patuxa é moi agradecida e sempre deixa regalos para todos.




     
A bruxa patuxa tamén visitou as aulas de Corzáns e Arantei, a continuación podedes ver as fotos de todo o acontecido.


31 oct. 2011

BENVIDOS Á VESADA



UN ANO MÁIS PRESENTÁMONOS OS NENOS E NENAS DA VESADA. MIRADE QUE GUAPOS ESTAMOS TODOS.




27 oct. 2011

O BAILE DO ESQUELETO

Para mover todo o corpo e aprender como se chaman as súas partes en ingles.

11 oct. 2011

VOZ NATURA


Este curso volvemos a participar proxecto Voz Natura.

 Voz Natura é un programa de educación medioambiental posto en marcha pola Fundación Santiago Rey Fernández-Latorre no curso 1997/1998. O seu obxectivo é implicar a la comunidade escolar de Galicia na recuperación e defensa da natureza da nosa terra.
  
Neste curso 2011-2012 Voz Natura alcanza a 15ª edición. Sumándose a  declaración del 2011 como Ano Internacional dos bosques nos prantexan con un obxectivo prioritario: reforestar os nosos montes.


As aulas de Meder, Oleiros, Arantei, Pesqueiras, Fornelos e duas novas aulas, A Vesada "A" e A Vesada "B" anímaronse a traballar co seu alumnado no proxecto que este curso voz natura propón para tódolos centros participantes.

Neste blog irán aparecendo noticias sobre os avances e os traballos que se fagan ao longo do curso, pinchando no apartado "voz natura" da barra lateral dereita poderedes desfrutar de todos eles.

Voz Natura tamén ten un blog moi interesante, cheo de noticias, recursos e xogos, podedes acceder a él clicando na imaxe superior.



Tamén podes seguir os seus pasos en facebook

O EQUIPO DINAMIZACIÓN DA LINGUA GALEGA PROPÓN COMO ACTIVIDADE INTERANUAL:


O TRASNO VIVE NUN CASTELO

Por o que imos a traballar, partindo da muralla de salvaterra todos os edificios históricos e restos da idade media que haxa en cada parroquia.

Pedimos a colaboración das familias para que nos aportedes toda a información que poidades.

Tanto impresa (folletos, guías, libros).

Gráfica(fotografías) 

Como información de tradición oral, ou en formato dixital (pen drive ou cd).


Esta información entregarédeslla a cada titora.

Tamen podedes deixar os vosos comentarios nesta entrada do blog o algún enlace a páxinas web que nos poidan servir de axuda

Moitas grazas anticipadas pola vosa axuda.

25 ago. 2011

XA QUEDA MOI POUCO


Falta pouco para empezar o novo curso,

Estamos cambiando a imaxe do noso blog.

Desculpade as molestias.

2 jul. 2011

A NOSA REVISTA ESCOLAR

Finalmente, e despois dalgúns problemas técnicos, xa podedes desfrutar da revista Ranúcula deste ano. Con tódalas noticias acontecidas durante todo o curso.

Nada mais queda despedirnos e desexarvos unhas felices vacacions.

¡VÉREMONOS DE VOLTA EN SETEMBRO!

29 jun. 2011

FESTA DE FIN DE CURSO (1ª parte do dia)

O pasado xoves dia 21 de xuño tivemos a tradicional festa de fin de curso na carballeira de Lira.
Despois de decorar todo o rencinto, hacia as 10 da maña, foron chegando os nenos, pais e demais familiares que quixeron compartir un dia de convivencia.
O dia comezou coas actuacións das aulas. Entre bailes, cancións e teatrillos fomos pasando este rato que foi moi agradable e divertido. Por suposto non faltaron as fotos e aqui tedes unha mostra.



Ah! non esquezamos o baile conxunto de todos "debaixo da figueira" que tiña preparado coma sempre a profe Aloia.




Ao remate das actuacións e despois dunha suculenta merenda de galletas con chocolate chegou o momento de divertirse coa animación do grupo
X Quatro e a festa hawaiana.



Mais tarde chegaron os obradoiros, era o tempo de elaborar o noso propio disfraz de hawainanos e hawaianes, e de pasar un bo rato maquillándonos, bailando o "hula" ou xogando cos globos.



Hora de comer e descansar antes de tódalas emocións que nos agardaban para a tarde

FESTA DE FIN DE CURSO (2º parte do dia)

A tarde comenzou coas graduacións dos nenos e nenas de cinco anos, este dia daste de conta o que medraron estes rapaces dende a primeira vez que entraron polas portas das súas escolas. Esta vez eran as súas mestras e non eles os que choraban, pero de ledicia, naturalmente.



Tamén houbo agasallos e sorpresas para os mestres, sobre todo as mestras e mestres que non estarán con nos para o vindeiro curso. Grazas CARMEN, AUREA, ISABEL, MARTA CARPINTERO, MARIBEL, JORGE, LUCIA E MARTA NOLASCO.

Finalmente chegou o tan ansiado momento da escuma, bañadores e chancletas todos diante dun gran canon que non paraba de botar un gran chorro de escuma branca.



Pasámolo xenial, grandes e cativos desfrutaron do momento que daba paso as despedidas e aos bicos que anunciaban o final da festa.

Gazas a todos de novo pola vosa asistencia e colaboración.

Hata o ano que ven.

28 jun. 2011

A NOSA GALERIA DE ARTE

Como sabedes este ano traballamos e aprendimos moito sobre a arte. Cada aula traballou un artista distinto e este é o resultado. Despois de ver estes traballos somentes queda dicir....

¡¡SODES UNS ARTISTAS!!


20 jun. 2011

DESPEDIDA DO CURSO

Os nenos e nenas de Oleiros queremos desexarvos un bo verán a todos, que o pasedes moi ben e que vaiades moito a praia.

Para despedirnos deixamosvos cunhas fotiños das ultimas cousas que pasaron en Oleiros ultimamente, que tivemos unhas semanas moi movidas.

"O GRILIÑO LILY"




A Lily gustalle moito escoitarnos cantar, sempre que cantamos esta moi contento e cando gardamos silencio ponse a cantar.
Gustalle despertar de noite as nosas familias cos seus cantos e encantalle comer unhas herbas que teñen uns peliños brancos.









Para que lily tamen pase boas vacacions soltamolo no patio da escola para que xogue cos seus amigos.








VISITA SORPRESA

Despois de ir a Xuntanza do parque da Canuda e a festa de fin de curso de Voz Natura quedamonoscon ganas de subirnos a un camion de bombeiros e hoxe cando baixamos o patio atopamos un camion de bombeiros.





Joaquin veunos ensinar o camion e explicounos como funciona, ensinounos as mangueiras, a sirena, as rodas, os frenos, as escaleiras.... aprendemos que hai bombeiros de monte e bombeiros de zona urbana e por iso o seu camion non tiña desas escaleiras tan grandes.

Tamen nos poidemos subir, tocar o claxón, a sirena e mover ese volante que era mais grande que nos, o mesmo que as rodas que median mais que nos. E aprendemos que as mangueiras miden 20 metros e que as empatan segundo lle fagan falta.