Tal e como estaba previsto, o pasado venres día 28 de Xaneiro celebramos na casa da cultura de Salvaterra o día da Paz.
Dispostos a pasalo moi ben e desfrutar de tódalas actividades fomos chegando a casa da cultura.
As mestras e os mestres do cole fóronnos recibindo e entramos no salón de actos.
Entre cancións, películas e obradoiros foise pasando a maña. Unha das pelis que vimos a tedes colgada no blog (Vicentiño e as árbores da paz), clicade AQUI se queredes vela.
Descanso de pan con chocolate e volta aos obradoiros.
Mais tarde prantamos as nosas sementes de paz, igual que no conto de "vicentiño".
E montamos todos xuntos o mural dos nenos e nenas do mundo, cun montón de bos desexos e boas accións.
Pasámolo moi ben, foi un día estupendo, esperamos que de todo o vivido aprendéramos algo.
SE QUEREDES DESFRUTAR CON MAIS FOTOS DESTE DÍA, E MAIS CO VIDEO DO MAGO PACÍN E A SÚA "PÓCIMA DA PAZ" CLICADE NA IMAXE.