28 feb 2011

EMPEZA O ENTROIDO.


Coa chegada do entroido, chega tamén a tía Mónica. Este ano trae estes mandatos:

COAS MANS NA MASA

SABIAS QUE ....


O pan é un alimento moi saudable e un dos máis importantes da dieta mediteranea?

É un alimento rico en hidratos de carbono e fibra?



VAMOS A COMPROBALO......


Polo visto hai unha escola nas neves que nos poden ensinar como facer pan na casa. O primeiro que precisamos son ...... INGREDIENTES


1Kg de fariña
20 gr. de sal
5 dl de auga
40 gr. de levadura.



E agora....
¿Que facemos con todo isto? poñamos mans a obra e.... a traballar !!

1. Peneiramo-la fariña na mesa

2. Dámoslle forma de volcán.

3. Engadísmoslle tódolos ingredientes dentro do volcán, excepto a auga.

4. A auga iremos engadíndoa moi a modiño ata conseguir ter unha masa unida.


5. Amasa coas dúas mans.

6. Ben amasado ata que non se che pegue as mans e quede suaviña.

7. Unha vez feita hai que deixala repousar (ali na escola de "a cancela" tiñan unha máquina chamada
fermentadora coa que nos poderíamos saltar este paso)

8. Se divide a masa en trozos para facerlle a forma que queiramos.

9. Nuha bandexa se coce dentro do forno a 200ºC.

10. Controla o tempo e cando estean doradiños.....


11. A comer!!





Para que todo quede mais claro, aqui vai un vídeo






Ah! case me esquezo, coa mesma masa do pan tamén aprendimos a facer máis cousas como por exemplo pizzas. Neste caso minipizzas de atún con queixo, estában boísimas.




E aquí está a proba de todo o que traballamos, pero sobretodo con estas fotos lembraremos o ben que o pasamos.








17 feb 2011

BIZOCHO DE LIMON

Hoxe Carmen quixonos ensinar a facer un bizocho que fai na sua casa, e invitamos a sua mama para que fose a sua pinche.

Esta era a mesa dos ingredientes










E estes os cociñeiros



Aqui estan as profes: Carmen e Noelia O biscoito quedounos moi rico, ainda que lle tivemos que pedir axuda a Colorete, o noso trasno, poruqe non tiñamos forno e fixonolo el no seu foguete. Outro dia invitamosvos a todos a comer un porque deste s quedaron as migas:

Dexamosvos agora cun video no que aprece a receita e como o fixemos, atentos a el e aprenderedes a facelo.


16 feb 2011

COMEZAN OS PREPARATIVOS DO ENTROIDO

O OUTRO DÍA CHEGOU O MECO A VESADA E ESTIVEMOS FACENDO A NOSA PARTE: UNHA PERNA E A CINTURA. PRIMEIRO ENCHEMOS TODO DE PAPEIS...


E DESPOIS DECORÁMOLO, SENDO ESTE Ó RESULTADO. ESPERAMOS QUE VOS GUSTE.

2 feb 2011

VIDEOCONFERENCIAS ENTRE AULAS ( I )


Hoxe comenzou o ciclo de videoconferencias entre aulas impulsado polo equipo TIC do CRA.



A primeira das videoconferencias foi entre as aulas de Corzáns e Oleiros, e a ésta seguiralle tódalas demáis aulas nas próximas semanas.



As 11:00h. alumnos e mestras, estaban citados a conectarse no skype.



Tras a proba da semana anterior......nada podía fallar, ¿ou si? crucemos os dedos.




Tivemos sorte, a conexión de internet estaba da nosa parte, e tanto en Corzáns, coa súa canción da amizace, como en Oleiros, e a súa interpretación de "aramsansan",
puideron presentarse aos compañeiros da outra aula.




Pasárono xenial e quedaron con ganas de comunicarse noutra ocasión.








Seguiremos informando.