28 feb. 2011

COAS MANS NA MASA

SABIAS QUE ....


O pan é un alimento moi saudable e un dos máis importantes da dieta mediteranea?

É un alimento rico en hidratos de carbono e fibra?



VAMOS A COMPROBALO......


Polo visto hai unha escola nas neves que nos poden ensinar como facer pan na casa. O primeiro que precisamos son ...... INGREDIENTES


1Kg de fariña
20 gr. de sal
5 dl de auga
40 gr. de levadura.



E agora....
¿Que facemos con todo isto? poñamos mans a obra e.... a traballar !!

1. Peneiramo-la fariña na mesa

2. Dámoslle forma de volcán.

3. Engadísmoslle tódolos ingredientes dentro do volcán, excepto a auga.

4. A auga iremos engadíndoa moi a modiño ata conseguir ter unha masa unida.


5. Amasa coas dúas mans.

6. Ben amasado ata que non se che pegue as mans e quede suaviña.

7. Unha vez feita hai que deixala repousar (ali na escola de "a cancela" tiñan unha máquina chamada
fermentadora coa que nos poderíamos saltar este paso)

8. Se divide a masa en trozos para facerlle a forma que queiramos.

9. Nuha bandexa se coce dentro do forno a 200ºC.

10. Controla o tempo e cando estean doradiños.....


11. A comer!!





Para que todo quede mais claro, aqui vai un vídeo






Ah! case me esquezo, coa mesma masa do pan tamén aprendimos a facer máis cousas como por exemplo pizzas. Neste caso minipizzas de atún con queixo, estában boísimas.




E aquí está a proba de todo o que traballamos, pero sobretodo con estas fotos lembraremos o ben que o pasamos.








No hay comentarios:

Publicar un comentario

¿DESEXAS ESCRIBIR UN COMENTARIO SOBRE ESTA ENTRADA? Adiante, escribe o que queiras a continuación pero....por favor, IDENTIFÍCATE. Grazas.