29 mar 2011

Viaxe a selva (A trip to the jungle)

Dende a área de Educación Física e Inglés, os nenos e nenas do CRA, traballamos os animais da selva (jungle animals).

Durante dúas sesións en Educación Física, traballaron os desprazamentos de diferentes animais como leóns, tigres, serpes, elefantes... Tamén fixemos un conto motor titulado "Viaxe a selva".


En Inglés, aprenderon a recoñecer os nomes de distintos animais, así como os sons que emiten, utilizando o conto " Through the heart of the jungle", e a canción "Jungle animals", entre outras actividades.






12 mar 2011

UNHA GRAN FESTA

O venres celebramos na aula da Vesada o cumpre da profe Elena.



Despois da merenda tocou abrir as piñatas, cantas sorpresas nos atopamos...

Mirade todo o que cantamos...


11 mar 2011

Os peliqueiros de Corzáns




Os nen@s de Corzáns tamén nos disfrazamos este entroido de peliqueiros.... Aí vai un retrato do guapos que estabamos....



10 mar 2011

FESTA DE ENTROIDO 2011

Como estaba previsto o día 4 de marzo celebramos en Salvaterra o entroido. Espertouse un día fermoso e todos desfrutamos dunha maña moi divertida.

As 10 da maña comenzamos a chegar a estación do tren, tódolos participantes no desfile, alumnos , pais e nais e tamén os mestres e mestras preparados para lucir as nosas creacións.



Este ano estaban representados polos distintos centros educativos, o bosque e o seus seres fantásticos, o circo, os musicais e por suposto nós, os pintores. Mesmo nos acompañaba "Bob Esponja".

Foi unha maña moi movida, coas actuacións de todos, unha chocholatada e para rematar unha petición de indulto para o meco. Lástima que non nos fixeran moito caso, o meco acabou entre cinzas, era o seu destino.



2 mar 2011

VIDEOCONFERENCIAS ENTRE AULAS ( II )

Co primeiro dia do mes de marzo chegou a segunda edición das videoconferencias entre aulas. Esta vez estaban citadas as aulas de Fornelos e Pesqueiras.


Xa es
taba todo ensaiado, a pasada semana se fixera unha proba, colocación da cámara, instalación do programa, carteis e debuxos de benvida....







Unha vez conectados, clic ao botón verde e.... empezamos a chamar, piiii (un tono), piiiii (dos tonos), piiiii.... na pantalla aparecen todos.




En Fornelos, os profes María e Jorge e tódolos alumnos e alumnas regalaron a Pesqueiras unha canción mentres se presentaban un por un. Tamén aparecía o meco por detras, que xa estaba case completo.


Os de Pesqueiras, mestras (Montse e Maribel), nenos e nenas, disfrazados polo entroido divertiron a Fornelos cantando a canción "todo o mundo nesta festa".

Quedamos con ganas de mais encontros con outras aulas, seguro que o venres, na comparsa do entroido, algún buscará a algún compañeiro para saudalo en persona.



Seguiremos informando.....