30 may 2011

2ª XUNTANZA ESCOLAR INFANTIL


Este venres dia 27 celebramos no parque da canuda a 2ªxuntanza escolar infantil.


Coa colaboración de pais e profes pasamos un agradable dia xogando a tódolos xogos que estaban distribuidos por todo o parque.


Cada grupo de cor tiña asignado comezar por un xogo e cada 15 minutos, a toque de chifre, cambiabamos ao seguinte.

Percorrimos todo o parque xogando nas distintas paradas. Montando en bicicleta o patinete, levantando o paracaidas, pasando a bola bum aos compañeiros, subindo aos coches e motos da policia e tocando as sereas.


Tamén saltamos moitísimo nos hinchables, desfrutamos do paseo en barca, xogamos aos columpios no parque, e pintando e recortando no taller de elaboración de coroas.


Tamén tivemos un momento de descanso para tomar a merenda con froita e auga.

Unha vez mais grazas a todos os que fixestes posible este dia. Aos compañeiros de convivencia e organizadores de todas as actividades. Aos pais e nais colaboradores desinteresados que acompañasteis aos grupos. Aos titores e titoras da aulas polo esforzo e a dedicación. E a tódolos nenos e nenas participantes pola vosa ilusion e alegria que transmitisteis durante tódala maña.

Ahora podedes desfrutar dalgunas imaxes deste dia.



29 may 2011

CONTO DO MEDIO AMBIENTE

Este ano os nenos e nenas do CRA elaboraron un conto conxunto entre tódalas aulas, como parte do proxecto voz natura.

É un conto centrado no coidado do medio ambiente e cada aula inventou unha páxina.

Esperamos que vos guste.


18 may 2011

18 de Maio. DIA INTERNACIONAL DOS MUSEOS


Hoxe celébrase o dia internacional dos museos. Con este motivo e polo feito de estar este curso involucrados no proxecto dos pintores vos invitamos a facer distintas visitas virtuais polo museo do prado de Madrid.

Son visitas guiadas por personaxes moi peculiares cos que seguro pasaredes un bo rato.



Se clicas na seguinte imaxe seguinte accederás as audioguias infantis do museo.







¿Queres coñecer cousas sobre a "familia de Felipe IV" o "Las Meninas" de Velázquez?, clica na seguinte imaxe a accede a súa Audioguía ifantil.




No museo do prado hai moitísimos cadros de moitos pintores, Goya é un deles que pintou "A familia de Carlos V" ¿queredes saber mais? clica na seguinte imaxe.


Estes son alguns exemplos, pero hai moitos mais, se clicades AQUI, accederedes a páxina web do museo do prado e alí vos atoparedes con mais audioguias sobre cadros de pintores famosos.



Tamén hai una zona de XOGOS, por exemplo o mémori ou busqueda de diferenzas, se vos apretece probalo, só tendes que clicar na seguinte imaxe.


Espero que vos guste e que aprendades moito.

14 may 2011

FESTIVAL DAS LETRAS GALEGAS 2011

O pasado venres dia 13 de maio, tal e com os habíamos anunciado , celebramos no parque da Canuda de Salvaterra o festival do dia das letras galegas.





Puntuais as 10 da maña foron chegando tódolos nenos pais e mestres para pasar un bo rato.





Seguindo coa programación da festa comezaron as actuacions. Nós, fomos os primeiros en sair a pista, tiñamos preparada una cacion e un baile moi animado.




Despois actuaron o resto de escolas con bailes mais modernos uns, e outros recitando poemas de Lois Pereiro.





Ao remate das actuacions, foi o momento dos premios. Entregáronse premios aos gañadores dos concursos de marcapáxinas e redaccions. A nosa escola gañou tres premios de marcapáxinas, estamos moi contentos , Noravoa a Paula, Mauro e Dani polos vosos traballos. Tamén deron agasallos aos directoes de tódolos centros.


A continuación chegou o turno do espectáculo de animación "troula". Con eles e as súas paiasadas pasámolo xenial, rimos moito e bailamos moito tamén.











Para rematar co dia, tamén tivemos un ratiño de descanso, unha boa merenda e xogos debaixo das árbores pois facia moita calor.

11 may 2011

VIDEOCONFERENCIAS ENTRE AULAS ( III)

O pasado venres dia 6 de maio tivemos a terceira entrega do ciclo de videoconferencias entre aulas.



Esta vez as aulas participantes foron Cabreira e Meder, que compartiron entre elas duas cancións, bicos e sorisos.

















Estade pendentes da derradeira videoconferencia que se fará en breve coas aulas de Arantei e Vesada.

Grazas de novo as titoras por participar.

HATA PRONTO!! ADEEEEEUUUUS!!!




10 may 2011

TEATRO EN VIGO

Hoxe fomos a Vigo en autobús, fomos a ver un teatro de títeres titulado "Guyi Guyi", que estivo interpretada polo grupo "periferia, teatro de títeres".

Primeiro estivemos no parque de Castrelos merendando un rato e xogando outro rato.


Depois voltamos a subir ao autobús que nos levou ata o Teatro García Barbón.


A historia de Guyi Guyi é unha adaptación do conto do autor nacido en Taiwán "chih yuan chen", que conta o que pasa cando os demáis te ven diferentes ou ti veste disitinto dos demáis.

Guyi Guyi es un crocodilo que, por azar, foi criado dende cativo nunha familia de patos. Sempre pensou que era un pato e non sabe o que realmente é. Non é salvaxe, nin voraz, e vive feliz coa súa familia ata que un dia atópase cun crocodilo.

Cando se entera que os crocodilos comen patos o noso
protagonista pasará por diferentes dificultades para conseguir ser él mesmo.

Unha historia entrañable que trata temas moi actuais como o medo a ser diferentes e os prexuizos que existen na sociedade sobre todo aquilo que se comporta de manera distinta do que é o esperado.

Atopei en Youtube un video da obra de teatro, por se a queredes lembrala.






Pasámolo moi ben e cando saimos se despediron de todos nos, porque estaban mama pato e Guyi Guyi na porta do teatro.



A continuación tedes mais fotos do ocurrido neste dia.



3 may 2011

AS AULAS TRABALLAMOS CON VOZ NATURA

Vos presento o mellor do noso proxecto del programa voz natura. Tódalas aulas participantes traballaron a reo e aquí está o resultado.


2 may 2011

XA TEMOS COLUMPIOS NO PATIO DE CABREIRA


Hoxe por fin puidemos estrear os columpios do patio.



Estábamos xogando alí fora cando aparec
eron os obreiros para rematar o traballo.





Agora temos un tobogán no areeiro, dous cabaliños, un balancín e dous columpios.





Aqui vos deixamos unhas fotos para que vexades
que ven o pasamos probandoos por primeira vez.