30 may. 2011

2ª XUNTANZA ESCOLAR INFANTIL


Este venres dia 27 celebramos no parque da canuda a 2ªxuntanza escolar infantil.


Coa colaboración de pais e profes pasamos un agradable dia xogando a tódolos xogos que estaban distribuidos por todo o parque.


Cada grupo de cor tiña asignado comezar por un xogo e cada 15 minutos, a toque de chifre, cambiabamos ao seguinte.

Percorrimos todo o parque xogando nas distintas paradas. Montando en bicicleta o patinete, levantando o paracaidas, pasando a bola bum aos compañeiros, subindo aos coches e motos da policia e tocando as sereas.


Tamén saltamos moitísimo nos hinchables, desfrutamos do paseo en barca, xogamos aos columpios no parque, e pintando e recortando no taller de elaboración de coroas.


Tamén tivemos un momento de descanso para tomar a merenda con froita e auga.

Unha vez mais grazas a todos os que fixestes posible este dia. Aos compañeiros de convivencia e organizadores de todas as actividades. Aos pais e nais colaboradores desinteresados que acompañasteis aos grupos. Aos titores e titoras da aulas polo esforzo e a dedicación. E a tódolos nenos e nenas participantes pola vosa ilusion e alegria que transmitisteis durante tódala maña.

Ahora podedes desfrutar dalgunas imaxes deste dia.



1 comentario:

¿DESEXAS ESCRIBIR UN COMENTARIO SOBRE ESTA ENTRADA? Adiante, escribe o que queiras a continuación pero....por favor, IDENTIFÍCATE. Grazas.