14 may. 2011

FESTIVAL DAS LETRAS GALEGAS 2011

O pasado venres dia 13 de maio, tal e com os habíamos anunciado , celebramos no parque da Canuda de Salvaterra o festival do dia das letras galegas.





Puntuais as 10 da maña foron chegando tódolos nenos pais e mestres para pasar un bo rato.





Seguindo coa programación da festa comezaron as actuacions. Nós, fomos os primeiros en sair a pista, tiñamos preparada una cacion e un baile moi animado.




Despois actuaron o resto de escolas con bailes mais modernos uns, e outros recitando poemas de Lois Pereiro.





Ao remate das actuacions, foi o momento dos premios. Entregáronse premios aos gañadores dos concursos de marcapáxinas e redaccions. A nosa escola gañou tres premios de marcapáxinas, estamos moi contentos , Noravoa a Paula, Mauro e Dani polos vosos traballos. Tamén deron agasallos aos directoes de tódolos centros.


A continuación chegou o turno do espectáculo de animación "troula". Con eles e as súas paiasadas pasámolo xenial, rimos moito e bailamos moito tamén.











Para rematar co dia, tamén tivemos un ratiño de descanso, unha boa merenda e xogos debaixo das árbores pois facia moita calor.

1 comentario:

¿DESEXAS ESCRIBIR UN COMENTARIO SOBRE ESTA ENTRADA? Adiante, escribe o que queiras a continuación pero....por favor, IDENTIFÍCATE. Grazas.