10 may 2011

TEATRO EN VIGO

Hoxe fomos a Vigo en autobús, fomos a ver un teatro de títeres titulado "Guyi Guyi", que estivo interpretada polo grupo "periferia, teatro de títeres".

Primeiro estivemos no parque de Castrelos merendando un rato e xogando outro rato.


Depois voltamos a subir ao autobús que nos levou ata o Teatro García Barbón.


A historia de Guyi Guyi é unha adaptación do conto do autor nacido en Taiwán "chih yuan chen", que conta o que pasa cando os demáis te ven diferentes ou ti veste disitinto dos demáis.

Guyi Guyi es un crocodilo que, por azar, foi criado dende cativo nunha familia de patos. Sempre pensou que era un pato e non sabe o que realmente é. Non é salvaxe, nin voraz, e vive feliz coa súa familia ata que un dia atópase cun crocodilo.

Cando se entera que os crocodilos comen patos o noso
protagonista pasará por diferentes dificultades para conseguir ser él mesmo.

Unha historia entrañable que trata temas moi actuais como o medo a ser diferentes e os prexuizos que existen na sociedade sobre todo aquilo que se comporta de manera distinta do que é o esperado.

Atopei en Youtube un video da obra de teatro, por se a queredes lembrala.






Pasámolo moi ben e cando saimos se despediron de todos nos, porque estaban mama pato e Guyi Guyi na porta do teatro.



A continuación tedes mais fotos do ocurrido neste dia.



1 comentario:

¿DESEXAS ESCRIBIR UN COMENTARIO SOBRE ESTA ENTRADA? Adiante, escribe o que queiras a continuación pero....por favor, IDENTIFÍCATE. Grazas.