20 jun. 2011

DESPEDIDA DO CURSO

Os nenos e nenas de Oleiros queremos desexarvos un bo verán a todos, que o pasedes moi ben e que vaiades moito a praia.

Para despedirnos deixamosvos cunhas fotiños das ultimas cousas que pasaron en Oleiros ultimamente, que tivemos unhas semanas moi movidas.

"O GRILIÑO LILY"




A Lily gustalle moito escoitarnos cantar, sempre que cantamos esta moi contento e cando gardamos silencio ponse a cantar.
Gustalle despertar de noite as nosas familias cos seus cantos e encantalle comer unhas herbas que teñen uns peliños brancos.









Para que lily tamen pase boas vacacions soltamolo no patio da escola para que xogue cos seus amigos.








VISITA SORPRESA

Despois de ir a Xuntanza do parque da Canuda e a festa de fin de curso de Voz Natura quedamonoscon ganas de subirnos a un camion de bombeiros e hoxe cando baixamos o patio atopamos un camion de bombeiros.





Joaquin veunos ensinar o camion e explicounos como funciona, ensinounos as mangueiras, a sirena, as rodas, os frenos, as escaleiras.... aprendemos que hai bombeiros de monte e bombeiros de zona urbana e por iso o seu camion non tiña desas escaleiras tan grandes.

Tamen nos poidemos subir, tocar o claxón, a sirena e mover ese volante que era mais grande que nos, o mesmo que as rodas que median mais que nos. E aprendemos que as mangueiras miden 20 metros e que as empatan segundo lle fagan falta.




1 comentario:

  1. Que sorte tivestes!
    Queris decirvos que foi todo un pracer compartir este curso con todos vos e tamén coa profe Pili. Quero desexarvos unas felices vacacións, aos que marchades una aperta moi forte e que sigades sendo tan bos estudiantes en primaria. Aos que quedades ata pronto, verémonos o ano que ven.

    ResponderEliminar

¿DESEXAS ESCRIBIR UN COMENTARIO SOBRE ESTA ENTRADA? Adiante, escribe o que queiras a continuación pero....por favor, IDENTIFÍCATE. Grazas.