10 jun 2011

EXCURSIÓN DE FIN DE CURSO

E por fin chegou o dia, a primeira hora da mañá saíamos todos nos autobuses cara Vigo.



Moi contentos baixamos do autobús na estación marítima, onde dúas monitoras nos acompañaron a nosa primeira actividade. Ver cómo é un barco por dentro.




Visitamos e aprendimos os nomes das súas partes. Entramos dentro da ponte de mando e ata puidemos sentarnos no sillón do capitán.


Despois viaxamos ata Cangas en barco, que é unha vila que se atopa no outro lado da ria de Vigo, unha viaxe de ida e volta compartida con outras persoas que tamén collian este medio de transporte. Tamén repuxemos forzas con ríquisimas galletas.




De regreso en Vigo fomos dereitiños ao parque de bolas Camelot, onde xogamos e xogamos sen parar. Mesmo os profes meteronse dentro dos numerosos tubos, colchonetas, toboganes, piscinas de bolas e labirintos que se atopan en todo o recinto.







A continuación tedes todas estas fotos para lembrar todo o vivido.


No hay comentarios:

Publicar un comentario

¿DESEXAS ESCRIBIR UN COMENTARIO SOBRE ESTA ENTRADA? Adiante, escribe o que queiras a continuación pero....por favor, IDENTIFÍCATE. Grazas.