7 jun. 2011

MÚSICA E BAILES NA AULA DE PESQUEIRAS

O pasado día 16 de Maio, na víspera do día das letras Galegas, na aula de Pesqueiras tivemos unha visita moi especial.



O grupo de música "O Sur do Condado" veu a nosa aula a tocar unhas pezas e a ensinarnos os seus intrumentos.


Algúns membros deste grupo son familiares dos nosos compañeiros de aula, e mesmo algunha gaiteira que non pertence a esta agrupación, uniuse a tocar con gran estilo.


Foi toda unha festa que tamén compartimos cos nosos irmás maiores e veciños da zona.


Todos bailamos e aplaudimos. Pasámos moi ben.




Pero non todo foi festa e baile, tamén coñecimos de preto como son os intrumentos que tocan e como se chaman as súas partes.









A continuación podedes ver o vídeo da súa actuación.




Grazas pola vosa presenza e por facermos pasar un rato tan bonito.



No hay comentarios:

Publicar un comentario

¿DESEXAS ESCRIBIR UN COMENTARIO SOBRE ESTA ENTRADA? Adiante, escribe o que queiras a continuación pero....por favor, IDENTIFÍCATE. Grazas.