28 nov 2011

VISITA DE ANXO MOURE





O venres 2 de decembro contaremos coa visita do contador de historias Anxo Moure. Podedes consultar a súa páxina de Contos Solidarios clicando na imaxe superior.



17 nov 2011

UN HOME ORQUESTRA NA NOSA ESCOLA

Con motivo da celebración do magosto deste ano,  que fixemos no centro cultural de Leirado,  o home orquestra "Cé orquestra Pantasma" veu a facernos una actuación a nosa escola.

Pasámolo moi ben coas súas cancións e os seus bailes, a continuación tedes un resumo do repertorio que nos fixo.


CELEBRACIÓN DO MAGOSTO

Como ben sabedes, pasado venres dia 11 de novembro celebramos o magosto na nosa escola, xogos, castañas asadas e moito mais xuntáronse para facernos pasar unha mañá moi divertida.


Gustaríame dar de novo as grazas a tódolos colaboradores, axudantes e demais participantes que fixeron posible que todo saira ben.

Grazas en primeiro lugar as familias das dúas aulas de A Vesada pola súa entrega á hora de organizar a decoración e a comida. Recordámosvos que o próximo ano as aulas que lles tocará organizar este dia son Pesqueiras e Cabreira.

Agradecer tamén a AMPA a súa colaboración traendo os bocadillos para repoñer forzas a media mañá. 

En terceiro lugar, grazas a BEGANO (bebidas gaseosas do noroeste) pola súa participación coas bebidas. 

E por último, grazas a todos e todas por vir, xogar, participar, cantar, aplaudir e sobre todo acompañarnos nesta mañá de festa. 

MOITAS GRAZAS.


A Primeira hora tivemos tempo para xogar no circuito de xogos ambientados no magosto e o outono, no que participaban por grupos tódolos cativos e cativas xunto cos mestres e mestras.

Podedes ver as fotos na seguinte presentación:


Ao remate dos xogos cantamos a xa tradicional canción do magosto, todos xuntos (mestres, nenos e familirares), situados nunha gran roda, no medio do centro cultural de Leirado, que era onde se celebraba esta festa. 

Se queredes recordar como foi a continuación tedes un video sobre esto:



11 nov 2011

A BRUXA PATUXA DEIXOUNOS AGASALLOS

Xa fai uns dias que vos contabamos neste blog, que a bruxa Patuxa volveu outro ano mais a visitar as nosas aulas.

Agora queremos corntarvos, dende o punto de vista dos rapaces e rapazas da aula de Arantei, qué é o que pasa cando marcha a bruxa.


Patuxa sempre deixa un paquetito sorpresa e unha carta de despedida. 

¿queredes saber qué agasallos deixou este ano? 

Pois non vos perdades o video que ven a continuación.




6 nov 2011

VISITA DA BRUXA PATUXA

   Un ano mais a bruxa patuxa visitou as nosas escolas. 

    É tan despistada que volveu a perder o seu zapato, e os nenos e nenas tiveron que axudala a buscalo e a poñelo no seu pé.
    Menos mal que Patuxa é moi agradecida e sempre deixa regalos para todos.




     
A bruxa patuxa tamén visitou as aulas de Corzáns e Arantei, a continuación podedes ver as fotos de todo o acontecido.