23 ene 2012

CELEBRACIÓN DO DIA DA PAZ

O  vindeiro luns dia 30 de xaneiro celebraremos na Casa da Cultura de Salvaterra o dia da paz. 

A chegada está prevista as 9:30 da maña na porta da Casa da Cultura.

A recollida será no mesmo lugar as 13:30h


Lembrade que os nenos e nenas NON deben traer a mochila nin tampouco merenda.

12 ene 2012

OS REIS MAGOS EN CORZÁNS

Os Reis Magos de Oriente deixáronlle os nen@s de Corzáns un montón de regalos porque o ano pasado portáronse moi, moi, moi ben.
Mirade que ben o pasamos lendo a carta que nos escribiron e abrindo os regalos.....


Click to play this Smilebox collage
Create your own collage - Powered by Smilebox
A free picture collage by Smilebox

11 ene 2012

FESTIVAL DE NADAL 2011

O dia 22 de decembro de 2011 celebramos no centro cultural de Leirado o festival de nadal. 



 Tras o recibimento aos nenos e as suas familias comezaron os actos que tiñamos programados. En primeiro lugar a obra de monicreques "o zapateiro e os trasnos" e que foi representada polos mestres do cra.

 


A continuación as actuacións das aulas, cantando panxoliñas en distintos idiomas, estaban todos moi dispostos e dispostas cos seus gorros de distintas cores e algún que outro atrezo mais.
 

Primeiro cantaron unha panxoliña en Español os alumnos das aulas de Oleiros, Meder e Arantei.






A continuación viñeron as aulas de Cabreira e Fornelos e a sua canción en Portugués.
































Os terceiros en subir ao escenario foron as aulas de Corzáns e Pesqueiras, que tal e como estaba no programa bailaban unha panxoliña en galego.





Por último as aulas de Vesada A e Vesada B, e a súa canción de papa noel en ingles.

 



Seguindo co programa era o turno das familias, temos que dar as grazas moi especialmente pola sua participación, que este ano foi moi numerosa. Todos puxeron o seu gran de area e a canción proposta para este ano saiu de maravilla. 




E que dicir das actuacións sorpresa deste ano. Primeiro o duo musical "os auténticos" formado por Edgar e Brais de Oleiros, e mais tarde co grupo de gaitas e pandeireta, foron estupendas, grazas a vos tamén.





Despois de tanta emoción e diversión xa pensabamos que todo estaba visto, e nada mais lonxe da realidade, quedaba a actuación musical preparada polo mestre de música e representada por tódolos nenos e nenas do cra. Todos subidos ao escenario cantaron e bailaron a ritmo de guitarra o popular tema de Shakira "waca waca".




Tras uns minutos de descanso e merenda chegaron os tan esperados reis magos, Melchor , Gaspar e Baltasar asistiron a cita de cada ano e non se esquenceron de traer un agasallo para cada neno. Un por un foron subindo  os grupos das aulas acompañados pola sua mestra e se fixeron unha foto diante deles. Qué emocionanate!


 


PESQUEIRAS















OLEIROS

















MEDER










  


FORNELOS











  


ARANTEI











  


VESADA B

















  
CABREIRA 











 
  

VESADA A










 


 CORZÁNS








Finalmente pedir desculpas pola tardanza en publicar esta noticia e desexámosvos a todos un feliz ano novo.