20 feb 2012

ENTROIDO 2012.


 Bip, Bip, Bip

Por fin chegou o tan esperado dia de entroido. 


O venres dia 17 de febreiro, diante da casa do concello de Salvaterra, estabamos citados os catro colexios do concello para comezar o desfile de comparsas polas ruas da vila.

Marcianos e marcianas, personaxes de contos, o fondo do mar, constelacions, planetas e astronautas, todos mostraron as súas actuacions no parque da canuda.

A nosa actuación poderedes recordala clicando no seguinte video.



Mais tarde, despois de almorzar foi o momento do tradicional pregón e a queima do meco. De todo o vivido tedes a continuación unha montaxe de fotos. Grazas a todos e feliz entroido.


17 feb 2012

FELIZ ENTROIDO A TODOS

Os nenos e as nenas da Vesada desexámosvos un Felíz Entroido. Mirade que guapos estabamos o xoves todos disfrazados.

Por certo, botamos moito de menos a profe Mónica, mandámosche moitos biquiños para que te recuperes pronto.

12 feb 2012

XA ESTAMOS NO ENTROIDO

Xa estamos na semana de entroido, e como tódolos anos a tía Mónica xa dictou os seu mandadiños. Aquí volos deixo para que non esquenzades ningún detalle da indumentaria.


6 feb 2012

O universo de oleiros

Durante este curso no CRA estamos taballando o universo, e antes de empezar co proxecto a profe grabaounos explicando o que sabemos do universo, e do espacio e ainda que vos pareza mentira para o pouco tempo que temos xa sabemos MOITAAAAAS cousas. 






Ademais tamen vos queremos explicar como e un marciano e un platillo volante porque TODOS deberiamos saber como son por si nos encontramos con algún saber o que é, e así poder reaccionar correctamente. Esperamos que vos guste e o pasedes ben cos nosos videos.

2 feb 2012

CELEBRAMOS A PAZ


Despois de toda una semana de preparativos  e charlas a cerca do que  significa a palabra paz, o pasado luns dia 30 de xaneiro celebramos na casa da cultura de Salvaterra o dia da paz.

  
  Dende primeira hora da maña estivemos ocupados entre obradoiros, debuxos, tatuaxes e bailes. 

Por suposto tamén tivemos un ratiño de conviencia e descanso todos xuntos, para repor forzas e continuar con mais enerxia ata o final da mañá.

A continuación podedes desfrutar de todo o acontecido coa seguinte reportaxe de fotos.






Finalmente, como despedida cantamos nunha gran roda o "rap da paz" que estivemos esaiando nun dos obradoiros.




¿QUE É A PAZ?

                                          
                                                         

¿qué é a paz?  



Para a semana da paz preguntámoslle ós nenos de todas as aulas que é a paz e coas suas respostas montamos este video tan orixinal, esperamos que sexa do voso agrado e que vos leve un pouquiño de paz.