14 mar 2012

VISITAMOS A MURALLA DE SALVATERRA



Hola, somos os principes da muralla de salvaterra o luns dia 12 de marzo o CRA A Lagoa veu visitar o noso castelo, vamos  contarvos a nosa historia.




Da muralla orixinal do século XII que protexía o noso castelo apenas subsisten restos. Non ocorre así coa fortaleza construída no século XVII que foi restaurada en 2008.


No mesmo lenzo murado, ademais de numerosas garitas, construiuse a capela barroca (século XVII) da Virxe dá Oliveira e a Casa do Conde (século XVII), cos seus Cuevas de Doña Urraca e a súa dobre escaleira de caracol, pola que podemos subir duas persoas ao mesmo tempo sen atoparnos polo camiño.


Dentro da fortaleza, ademais de restos de rúas, vivendas e lápidas, atópase o pazo de Doña Urraca, chamado así en recordo da estancia da nosa amiga, a raíña Dona Urraca I durante a guerra que mantivo contra a condesa Teresa de Portugal.

Despois da visita cultural, despedíronse de nos e foron cara o parque da canuda, onde desfrutaron da merenda e doutras actividades e xogos. Un baile medieval, a procura dun tesouro e a elaboración dunha coroa de reis e raiñas.

A continuación podedes recordalo coas fotos.




No hay comentarios:

Publicar un comentario

¿DESEXAS ESCRIBIR UN COMENTARIO SOBRE ESTA ENTRADA? Adiante, escribe o que queiras a continuación pero....por favor, IDENTIFÍCATE. Grazas.