26 abr. 2012

CONVIVENCIA FORNELOS-OLEIROS

O venres 20 de Abril os nenos de Fornelos e Oleiros pasamos unha xornada diferente, xuntamonos todos na aula de Fornelos, SI SI TODOS. Os 17 de Fornelos e os 18 de Oleiros e ainda que vos pareza raro tivemos sitio para todos e pasamolo MEGAGUAY.
Primeiro fixemos unha asamblea para coñecernos todos:



Cando estabamos na asamblea chegou un amiguiño mais que se queria unir á festa
Mais tarde o profe Jesu levounos a dar clase de música e ahi si que o pasamos ben:


Pero o mellor estaba por vir, xa que os pais e nais de Fornelos para celebrar o dia do libro preparáronnos unha obra de teatro: "O COELLIÑO BRANCO", fixérono xenial.


 
Despois da obra merendamos pizza, sandwich e rosca e para rematar xogamos todos xuntos no patio.





Deixamosvos agora coas imaxes da xornada 


No hay comentarios:

Publicar un comentario

¿DESEXAS ESCRIBIR UN COMENTARIO SOBRE ESTA ENTRADA? Adiante, escribe o que queiras a continuación pero....por favor, IDENTIFÍCATE. Grazas.