10 nov. 2012

MAGOSTO 2012

O pasado venres dia 9 de novembro, tal e como estaba previsto, celebramos o magosto.

Dende as dez da mañá e ata as duas da tarde, no centro cultural de Leirado montamos unha boa festa.


Este ano tocoulles organizar ás aulas de Cabreira e Pesqueiras, que se implicaron moitísimo e as que damos as grazas.

Tamén fixemos o sorteo das aulas ás que lles tocará a organización no vindeiro ano, as agraciadas foron Fornelos e Corzáns.


Tanto os familiares acompañantes, como os cativos e cativas, e tamén os profes, desfrutamos duha mañá estupenda chea de risas, xogos, cancións e....comida, moita comida. 

Ás tortillas, chourizos, e á gran variedade de doces caseiros, engadimos un bo puñado de castañas.... pero.... mais que escribilo, será mellor que o vexades, asi que velaquí tedes unha selección dos mellores momentos. Grazas de novo a todos os colaboradores e deica o ano que ven.




No hay comentarios:

Publicar un comentario

¿DESEXAS ESCRIBIR UN COMENTARIO SOBRE ESTA ENTRADA? Adiante, escribe o que queiras a continuación pero....por favor, IDENTIFÍCATE. Grazas.