30 dic 2013

AS ACTUACIÓNS DO FESTIVAL DE NADAL



Aquí tedes as actuacións en vídeo de cada unha das aulas do CRA A Lagoa no festival de Nadal que fixemos o pasado venres 20. 

Comezamos cunha divertida obra de títeres. Se a queredes ver premede neste enlace: Troula no ceo.



Para ver a actuación dos  nenos de A Vesada e Cabreira premede neste enlace:  Navidad Rock




Os nenos de Oleiros e Pesqueiras interpretaron "Hoy he visto una estrella" en LSE.


Premede neste enlace: Navidad en la aldea encantada para ver a panxoliña  dos nenos de Arantei e Corzáns .



                                      

Para ver a panxoliña dos  nenos de Meder e Fornelos premede neste enlace:  Caperucita roja






Familias e mestres cantamos "Aguinaldo".




21 dic 2013

NADAL 2013

Outro ano máis no  "CRA A Lagoa" celebramos o Festival de Nadal coa  prezada participación e axuda das familias, alumnos e mestres.

Foron chegando pais e nenos e xa todo estaba listo para que dera comezo o Festival de Nadal 2013 que nesta ocasión fixemos en Fiolledo.


Comezamos coa representación da obra "Troula no ceo":


 Ós nenos encantoulles e ademáis  acertaron todas as adiviñas!


Máis tarde  as aulas do CRA representaron as suás panxoliñas. Fixerono moi moi ben!

As aulas de Oleiros e Pesqueiras interpretaron a panxoliña " Hoy he visto una estrella"  en lingua de signos.


Que ben o fixeron!



"Navidad en la aldea encantada" foi a panxoliña que os nenos de Arantei e Corzáns cantaron tan ben!


Moi ben!



Os nenos de Meder e Fornelos cantaron "Caperucita Roja"


Que bonito!




Os nenos de A Vesada e Cabreira cantaron e bailaron sen parar a panxoliña: Navidad Rock"!!


Fantástico!



Pero non só cantaron os nenos do CRA A Lagoa, senón que tamén se animaron a cantar connosco as familias: "Aguinaldo".
 Fixerono realmente ben!



  
  Despois de tanto traballar fixemos un descansiño para tomar unha merenda na que non faltaron turróns, polvoróns e, como non, as tradicionais roscas de reis.

 Como podedes ver, estaban tan boas que non quedou case que nada!



E xa para rematar, recibimos unha visita moi moi especial :

Os Reis Magos de Oriente:  Melchor, Gaspar e Baltasar. 






Chegaron a Salvaterra coas sacas cheas de regaliños para cada un dos nenos do CRA A Lagoa.  



Os nenos depositaron a súa carta no buzón  e despois cada clase fixo unha foto inesquecible cos Reis Magos. 


Velaquí as tedes:

A VESADA



OLEIROS



PESQUEIRAS


ARANTEI


CABREIRA


FORNELOS


 CORZÁNS



MEDER



Foi unha mañá chea de maxia e diversión que encheu de ledicia a despedida das clases  ata o próximo ano 2014.

Vos esperamos á volta das vacacións de Nadal. Recordade que o 9 de xaneiro terán comezo de novo as clases.




Grazas de parte do CRA A Lagoa a tódalas persoas que colaboraron na realización do festival. Moi especialmente ás familias e ós nosos queridos alumnos.

Felices festas e próspero  ano 2014 !








19 dic 2013

DENDE ARANTEI DESEXÁMOSVOS BO NADAL E PRÓSPERO ANINOVO E QUE TODOS OS VOSOS DESEXOS SE CUMPRAN...


9 dic 2013


Xa vai chegando o frío e co frío... O NADAL!!!!!! Sabedes que, como levamos facendo anos e anos, tódalas mamis, papis e profes cantamos xuntos unha panxoliña para adicarlla ós pequenos. Este ano eliximos "Aguinaldo" interpretada por Pancho Álvarez. Aí vai a letra e a música para que vaiades ensaiando. Ánimo!!!




AGUINALDO – Pancho Álvarez
  
1.Día de Reis,día de Reis!       2.Se queren da-lo aguinaldo,
Primeira festa do ano               Non nos fagan agardare
            Entre damas e doncelas           Somos de lonxanas terras
            Imos pedi-lo aguinaldo.           E temos moito que andaré.

3.Ese señor Emilio                    4. E ese señor Luis
Posto nunha vidrilleira               Moito lle pinta a chaqueta
Parece unha rosa fina                ¡Meta a man no seu bolsillo
Cando sae da roseira.(MÚSICA) E tíreme unha peseta!

5.¿De quen son eses botines      6. A ese señor Tomás
Que están debaixo da cama?      Moito lle pinta o sombreiro
Son da señorita Olga                 ¡Meta a man no seu bolsillo
Que ten cara de madama       Dénos un pouco diñeiro(MÚS)

7.¡Aquí ven, aquí ven                 8. Estas portas son de ferro
A vella co aguinaldo!                  Aquí vive un caballero
Parécenlle moitos cartos              Estas portas son de estopa
E algo vaille quitando.                Aquí vive un lapasopas.

9. ¡Día de Reis, día  de Reis!
Primeira festa do ano
Entre damas e doncelas
Imos pedi-la aguinaldo.




Aguinaldo mp3

Aguinaldo CRA 2013

Letra Aguinaldo CRA 2013

28 nov 2013

COMEZAMOS AS OBRAS DO INVERNADOIRO DE OLEIROS

O mércores comezamos as obras para preparar o terreo e construir o invernadoiro na escola de Oleiros. Contamos coa axuda de un montón de colaboradores. Sen eles non sería posible. Grazas

21 nov 2013

MOITISIMAS FELICIDADES IZAN

Este ano, dobre celebración:

  • Izan xa ten un aniño máis, e xa son 4.
  • Hai poucos días converteuse no irmán maior, ¡ Naceu Aron!




FELICIDADES POLAS DÚAS COUSAS IZAN E GRAZAS POR COMPARTILAS CON TODOS NÓS.

19 nov 2013

MAGOSTO

Outro ano máis celebramos o magosto todos xunt@s e pasámolo xenial... 
Podedes comprobalo vendo as fotos...

Click to play this Smilebox slideshow
Create your own slideshow - Powered by Smilebox
Another free slideshow by Smilebox
AS CABAZAS DE PESQUEIRAS














12 nov 2013

VISITA DA BRUXA..... DA BRUXA PATUXA!!!!!

Un ano máis a Bruxa Patuxa visitounos o día do Samaín... Mirade que ben o pasamos...
Click to play this Smilebox slideshow
Create your own slideshow - Powered by Smilebox
Free digital slideshow customized with Smilebox

AS CABAZAS PERCORREN OS COMERCIOS DE SALVATERRA

Como cada ano as cabazas elaboradas nas distintas aulas das escolas percorren Salvaterra adornando os escaparates das tendas. Mirade qué chulas quedan...

Click to play this Smilebox slideshow
Create your own slideshow - Powered by Smilebox
This free digital slideshow made with Smilebox

11 nov 2013

AS CABAZAS DE ARANTEI

           AS CABAZAS DE ARANTEI

6 nov 2013

                 AS CABAZAS DA AULA DE CORZÁNS

SAMAÍN 2013