25 feb 2013

XUNTANZA PESQUEIRAS E OLEIROS

Hola amigos!

Desta vez queremos contarvos o BEN que o pasamos o venres pasado na xuntanza que fixemos os nenos de Oleiros cos de Pesqueiras. Estivemos agardando moito tempo pero por fin o conseguimos, despois de moitos correos e chamadas de teléfono organizamos o "PLAN PERFECTO" para convencer ás nosas mestras e ás nosas familias e xuntarnos en Oleiros para celebrar unha gran festa, chea de bailes, cancións, xogos e sobre todo moito cariño AAAHHH, esquecíame tamén nos visitou un paiaso moi especial o que todos queremos moito, recoñecédelo?



Quedamos tan encantados que vos propoñemos a todas as aulas que fagades o mesmo que nós, cantos mais amigos viaxeiros sexamos, moito mellor.

23 feb 2013

"MICKEY" : A nosa mascota.

Na nosa aventura de coñecer máis sobre os Xogos Olímpicos descubrimos, que todas olimpiadas que se precien deben de ter unha mascota e.............. claro, nós non íamos a ser menos e, o noso Trasno Pepe que todo o sabe e o ve, agasallounos cunha tartaruga (macho), a nosa mascota a partir de agora.



Xuntamonos todos e, en democracia, acordamos que o seu nome vai a ser MICKEY e queremos presentárvola. Agardamos que vos guste a nosa pequena mascota.

10 feb 2013

FESTA DO ENTROIDO 2013

o venres 8 de febreiro celebramos a tradicional comparsa de entroido. Todos xuntos, pais e nais, alumnos e alumnas e o profesorado do cra participamos no desfile polas rúas de Salvaterra. 


Este ano estamos aprendendo moitas cousas sobre os xogos olímpicos e por iso quixemos ir disfrazados de ese tema. 



Todos moi elegantes cos nosos traxes, gravatas e sombreiros, axitando as nosas bandeiras, fomos camiñando dende a praza do concello ata o parque da Canuda.



Ali no auditorio do parque limos o testamento e queimamos o meco. Finalmente fixemos unha actuación diante de tódolos presentes e tamén desfrutamos cos bailes dos outros colexios. o colexio de Alxen e o de Leirado que ian disfrazados de distintas épocas do ano os primeiros e de froitas e hortalizas os segundos.




Pasámolo moi ben, grazas  a tódolos que colaborastes para que un ano mais puideramos desfrutar dunha festa estupenda.

FELIZ ENTROIDO!!

6 feb 2013

EXCURSION A VIGO

O pasado dia 30 de xaneiro celebramos o dia da paz indo de excursión a Vigo. Ali fomos a ver unha obra de teatro titulada "Tristan cara de Can" e tamén visitamos unha exposición de arte moi interesante no centro de exposicions novacaixagalicia.

A obra de teatro estaba representada pola Compañía Elefante Elegante, unha comedia xestual interpretada ao estilo dos debuxos animados.

Tristán cara de can pasa os días ladrando, non queria sofrir e entregoulle o seu corazón a un paxaro que pasaba polo seu lado.
Pero un día..., dentro dunha misteriosa caixa, aparece unha boneca de trapo que vai a internalo todo para facer que volva a rir e que atope o seu corazón.