21 may 2013

VIDEOCONFERENCIAS TEMÁTICAS. OS LOROS


Continuando coas videoconferencias temáticas, este mes nos conectamos co Loro Parque de Tenerife para coñecer e aprender como son os loros.




Desta vez foron as aulas de Fornelos Oleiros as que participaron na actividade. 







Primeiro estivemos moi atentos escoitando unha explicación por parte da monitora. 
Todo a través de diapositivas e fotografias.


Despois poidemos participar facendo preguntas, a través de chat, sobre as curiosidades que queríamos saber.




Tamén aprendimos moito coas preguntas que facian os outros centros escolares participantes na videoconferencia. 





Por último asistimos a un video show en directo, onde diferentes clases de loros, actuaban facendo toda clase de trucos como montar en camión de bombeiros, ou coller o número que lle pedia a sua coidadora.


 

No hay comentarios:

Publicar un comentario

¿DESEXAS ESCRIBIR UN COMENTARIO SOBRE ESTA ENTRADA? Adiante, escribe o que queiras a continuación pero....por favor, IDENTIFÍCATE. Grazas.