21 dic 2013

NADAL 2013

Outro ano máis no  "CRA A Lagoa" celebramos o Festival de Nadal coa  prezada participación e axuda das familias, alumnos e mestres.

Foron chegando pais e nenos e xa todo estaba listo para que dera comezo o Festival de Nadal 2013 que nesta ocasión fixemos en Fiolledo.


Comezamos coa representación da obra "Troula no ceo":


 Ós nenos encantoulles e ademáis  acertaron todas as adiviñas!


Máis tarde  as aulas do CRA representaron as suás panxoliñas. Fixerono moi moi ben!

As aulas de Oleiros e Pesqueiras interpretaron a panxoliña " Hoy he visto una estrella"  en lingua de signos.


Que ben o fixeron!



"Navidad en la aldea encantada" foi a panxoliña que os nenos de Arantei e Corzáns cantaron tan ben!


Moi ben!



Os nenos de Meder e Fornelos cantaron "Caperucita Roja"


Que bonito!




Os nenos de A Vesada e Cabreira cantaron e bailaron sen parar a panxoliña: Navidad Rock"!!


Fantástico!



Pero non só cantaron os nenos do CRA A Lagoa, senón que tamén se animaron a cantar connosco as familias: "Aguinaldo".
 Fixerono realmente ben!



  
  Despois de tanto traballar fixemos un descansiño para tomar unha merenda na que non faltaron turróns, polvoróns e, como non, as tradicionais roscas de reis.

 Como podedes ver, estaban tan boas que non quedou case que nada!



E xa para rematar, recibimos unha visita moi moi especial :

Os Reis Magos de Oriente:  Melchor, Gaspar e Baltasar. 






Chegaron a Salvaterra coas sacas cheas de regaliños para cada un dos nenos do CRA A Lagoa.  



Os nenos depositaron a súa carta no buzón  e despois cada clase fixo unha foto inesquecible cos Reis Magos. 


Velaquí as tedes:

A VESADA



OLEIROS



PESQUEIRAS


ARANTEI


CABREIRA


FORNELOS


 CORZÁNS



MEDER



Foi unha mañá chea de maxia e diversión que encheu de ledicia a despedida das clases  ata o próximo ano 2014.

Vos esperamos á volta das vacacións de Nadal. Recordade que o 9 de xaneiro terán comezo de novo as clases.




Grazas de parte do CRA A Lagoa a tódalas persoas que colaboraron na realización do festival. Moi especialmente ás familias e ós nosos queridos alumnos.

Felices festas e próspero  ano 2014 !








1 comentario:

  1. que divertido, xa vexo que cada ano vos superades. Moi chulas tódalas actuacions, bo nadal e feliz ano para todos.

    ResponderEliminar

¿DESEXAS ESCRIBIR UN COMENTARIO SOBRE ESTA ENTRADA? Adiante, escribe o que queiras a continuación pero....por favor, IDENTIFÍCATE. Grazas.