24 may 2013

SYMBALOO CRA A LAGOA


SYMBALOO é unha ferramenta que nos permite ter  acceso e visualizar desde un panel principal aquelas aplicacións  ou páxinas web do noso interese.

Dende o grupo TICS do CRA creamos este Symbaloo que recolle algunhas ferramentas dixitais que cremos vos poden ser útiles para elaborar entradas no blog, presentacións fotográficas, etc, ou consultar páxinas web de contido educativo.

 Iremos engadindo algunhas máis polo que aceptamos as vosas suxerencias!

Agardamos que vos animedes a realizar  os vosos Symbaloo´s. Para calquera consulta non dubides en falar co equipo de TICS.

Un saúdo!


No hay comentarios:

Publicar un comentario

¿DESEXAS ESCRIBIR UN COMENTARIO SOBRE ESTA ENTRADA? Adiante, escribe o que queiras a continuación pero....por favor, IDENTIFÍCATE. Grazas.