Blog do Colexio Rural Agrupado A Lagoa, composto por 7 escolas: Arantei, A Vesada, Cabreira, Oleiros, Fornelos, Pesqueiras, Corzáns e con sede en Salvaterra de Miño, Rúa Rosalía de Castro 108 (Tlf.986659363)
25 jun 2014
13 jun 2014
RANÍCULA Nº 12
Outro ano máis dende o "CRA A Lagoa" presentámosvos a Revista Escolar do curso 2013/2014.
Esperemos que disfrutedes moito vendo os traballlos que fixemos.
Esperemos que disfrutedes moito vendo os traballlos que fixemos.
10 jun 2014
9 jun 2014
EXCURSIÓN FIN DE CURSO:APIPOLIS
Este luns día 2 de xuño tivo lugar a excursión de fin de curso. Dacordo ó proxecto que levamos a cabo durante todo o ano o lugar escollido xirou en torno ó mundo das abellas: Apípolis.
Apipolis é un centro sito na localidade pontevedresa de San Andrés de Xeve adicado ó coñecemento das abellas vencellado ó ser humano.
Conta cunhas amplas instalacións, tanto ó aire libre coma diversas exposicións, e numerosas actividades que teñen como obxectivo que os nenos coñezan dun xeito lúdico, práctico e didáctico máis cousas sobre a contorna natural das abellas e os produtos derivados.
Durante toda a visita a Apípolis fixemos varios obradoiros que lles encantaron non só ós nosos alumnos do CRA senón ós mestres!
Primeiramente nos recibiron moi amablemente os monitores e nos foron explicando as diferentes actividades que realizaríamos divididos en catro grupos, candanseu cun brazalete dunha cor para que non nos despistaramos!!!
Visita ó Apiario:
A seguinte actividade foi un conto sobre as abellas:
Elaboración de galletas de mel:
Tamén fixemos un descansiñó a media mañá para merendar no que nos acompañou a mascota da escola da Vesada: O Sr. Coc Apicultor!!
Antes de irmos foi o momento de comer baixo a sombra dun enorme carballo. Velaquí tedes as fotos de cada unha das escolas do CRA:
Non queremos rematar esta entrada sen agradecer de parte de todo o profesorado do CRA A Lagoa a amabilidade e adicación de todo o persoal de Apípolis que fixo desta, unha excursión inesquecible.
Ata pronto!!
5 jun 2014
DIPTICO INFANCIA E INTERNET
O Equipo de TICS do "CRA A Lagoa" elaboramos un díptico con información para os pais acerca da navegación segura en Internet dos máis pequenos que nos próximos días repartiremos en tódalas aulas en formato papel.
Velaquí o tedes:
Agardamos fose do voso interese!
Suscribirse a:
Entradas (Atom)