Este inicio de curso está sendo moi emocionante. A etapa número 19 da volta ciclista a España saíu dende Salvaterra e nos fomos partícipes deste gran acontecemento.
Dende a mañanciña e despois de reunirnos no campo de fútbol comezamos a camiñar hacia o centro da vila.
Ali puidemos ver moitos coches e bicicletas, visitamos e coñecimos corredores de dous dos equipos participantes, o orica GreenEdge e o Tinkoff Saxo Bank, e mesmo nos fixeron agasallos.
Por último acabamos a xornada presenciando a saída do pelotón dende unha das rúas de Salvaterra.
Non queremos acabar esta noticia sen dar as gracias.
En primeiro lugar aos equipos que nos deixaron moi amablemente visitalos e recolleron os debuxos que lles fixéremos. (podedes picar nas súas camisetas para acceder as súas respectivas páxinas oficiáis de facebook)
Boisima esta saida, e os peques portándose moi ben. Noraboa.
ResponderEliminarVíctor.(cabreira)