25 oct. 2014

PREPARANDO A COMPOSTEIRA

O pasado venres na aula de Pesqueiras estivemos traballando no noso horto escolar.
Coa axuda de Trini (nai de Roberto) e da profe Luz  (que colabora este ano coa nosa aula no proxecto de voz natura) preparamos a composteira.
Na seguinte reportaxe de fotos tedes a secuencia de pasos que se han de seguir para facelo correctamente.



-

22 oct. 2014

PARA FALAR BEN TAMÉN TEMOS QUE ENTRENAR

Na clase de audición e linguaxe facemos moitos xogos que nos axudan a falar mellor.  Algúns días facemos exercicios de entrenamento da lingua e así fortalecemos os nosos órganos, grazas ao noso amigo Pepón resulta moito mais fácil. 
Aquí tedes algúns exemplos do noso traballo. 



-

16 oct. 2014

IDEAS PARA CELEBRAR O SAMAIN

Aquí tedes unhas cantas ideas que recopilamos de internet para celebrar o samain. 


Sigue el tablero samaín de cra en Pinterest.

9 oct. 2014

ESTE ANO TÓDALAS NOVIDADES TAMEN EN TWITTER. SÉGUENOS!!


5 oct. 2014

PESQUEIRAS NA VENDIMA

O pasado mércores día 1 de outubro a aula de Pesqueiras fomos de vendima. 
Tesoiras e guantes na man dispostos a pasar unha xornada diferente. 
Moi motivados e despois dun bo almorzo non paramos de traballar apañando uvas aquí e acolá. 
Da nosa experiencia tendes a fotos a continuación.