8 ene 2015

FESTA DE NADAL 2014



O pasado venres día 19 de decembro celebramos na casa da cultura de Salvaterra o festival de Nadal.




Primeiro desfrutamos coa obra de títeres "as aventuras de don allo"  que como xa é tradicional dende fai anos estivo representada polos mestres e mestras do cra. 





Despois foi o turno dos cativos e cativas das aulas, que xunto coas súas mestras nos interpretaron divertidas cancións, panxoliñas e moito máis.


  • ARANTEI E CABREIRA. DANCE FELIZ NAVIDAD




  • CORZÁNS E PESQUEIRAS. FROSTY



  • A VESADA. EL BURRITO SABANERO




  • OLEIROS. REMIX NAVIDEÑO PITUFOS



  • FORNELOS. RECUERDOS NAVIDEÑOS.




Mesmo cantamos en inglés, coa axuda da mestra Deli subimos todos ao escenario para interpretar a panxoliña "jingle bells".





Tres reis en bicicleta foi a panxoliña que este ano cantaron os adultos. Pais, nais, avos ... todos subiron a dar o seu "do de peito", grazas de novo pola vosa colaboración.



Para acabar, e despois do descanso e a merernda con rosca (patrocinada polas asociacións de comerciantes "unes" e "aces") tivemos a esperada visita das SSMM os reis magos de Oriente. 




Foi unha mañá chea de emocións e diversión. Dende o CRA A Lagoa queremos desexarvos un bo nadal a todos, e un feliz ano novo 2015.


No hay comentarios:

Publicar un comentario

¿DESEXAS ESCRIBIR UN COMENTARIO SOBRE ESTA ENTRADA? Adiante, escribe o que queiras a continuación pero....por favor, IDENTIFÍCATE. Grazas.