O pasado venres día 29 de maio celebramos a tan esperada Xuntanza Escolar infantil.
Xa é o quinto curso que se organiza esta xornada tan divertida onde pasamos toda a mañá xogando e desfrutando do gran parque que temos en Salvaterra.
Dende primeira hora e con un día soleado por diante barcas, hinchables, bicicletas e moito mais agradaban a chegada dos cativos e cativas.
Foi unha mañá moi intensa da que recollemos os mellores momentos no seguinte video.
Unha vez maís moitas grazas a tódolos colaboradores e colaboradoras, sabedes que sen a vosa axuda esta saída non sería posible.