17 jun. 2015

EXCURSIÓN AOS MUIÑOS DE BAROSA

O día 10 de xuño fomos de excursión aos muiños de Barosa, en Barro (Pontevedra). 


Un espazo natural do mais fermoso onde a natureza brila con luz propia.





Pasamos un día estupendo en contacto co entorno e grazas aos monitores e monitoras que nos guiaron por tódolos recantos, vivimos novas experiencias. 


Dende ver o funcionamento dun antigo muiño de auga, ata ver e palpar coas nosas propias mans que existen diferentes grans e cereais das que obtemos diversos tipos de fariñas.


Mesmo tivemos a oportunidade de elaborar o noso propio pan caseiro.




De todo o acontecido tedes coma sempre tódalas fotos no álbum web do cra.





1 comentario:

  1. Hola. foi una excursión moi divertida e podo imaxinarme que desfrutaron moito facendo o pan... seguimos en contacto

    ResponderEliminar

¿DESEXAS ESCRIBIR UN COMENTARIO SOBRE ESTA ENTRADA? Adiante, escribe o que queiras a continuación pero....por favor, IDENTIFÍCATE. Grazas.