21 jun 2015

FESTA DE FIN DE CURSO. LIRA 2015

Chegou o día da despedida, atras quedan días de traballo e diversión a partes iguais. 
Toca desfrutar do verán, xogar e seguir aprendendo e crecendo.

O día da festa de fin de curso é unha xornada especial, é un día de convivencia con tódala comunidade educativa.

Bailes, natureza, música e moitas emocións xúntanse na carballeira de Lira.

Comezamos coas actuacións por aulas, este ano tivemos bailes con moita marcha. 
Dende o rock mais actual ata os éxitos "remember" de tempos pasados. 

A mañá seguiu con bailes, esta vez todos puidemos participar seguindo as instruccións en ingles da profe Deli, a nota mais enxebre a puxo a profe Aloia, e terminamos riendo e desfrutando cos xogos do profe Moises.

Un dos momentos mais esperados, é a graduación dos alumnos e alumnas de 5 anos, velaquí tedes un resumo. 



Se todo isto vos soubo a pouco, podedes ver mais fotos no noso álbum web picando na seguinte imaxe.

 

1 comentario:

  1. Desexamosche a mellor das sortes no teu novo destino, profe Luz. Naroa e nos sempre te levaremos no recordo como esa gran profesora de audición. E tamén como esa gran profesional que coa súa dedicación a este blog, nos achega a os pais un pouquiño máis ao día a día do cra. Moitas gracias.
    Moisés, os nenos te respentan e te adoran, así que as palabras que che queiramos dedicar sobran...
    Teacher your vocation is priceless ;-) .
    Aloia, non sei se ao largo do noso camiño nos atoparemos con unha profesional que dirixa un centro escolar da maneira tan especial como solo ti o fas...
    Deixamonos a moitos de vos sen mencionar, pero non por iso non valoramos a maravillosa labor que levades a cabo cos nosos peques. Moitas gracias por estes tres anos e felices vacacions !!!

    ResponderEliminar

¿DESEXAS ESCRIBIR UN COMENTARIO SOBRE ESTA ENTRADA? Adiante, escribe o que queiras a continuación pero....por favor, IDENTIFÍCATE. Grazas.