22 oct 2015

Outubro


Queridas familias:
Este ano propoñemos como actividade familiar a decoración de piñas para a exposición que terá lugar na festa do Magosto. Empregade todo aquelo que se vos ocurra, pasade un bo rato cos vosos fillos/as e deixade voar a imaxinación. Entregade as piñas ás titoras sen identificación do alumno nin da aula. Data límite venres 6 de Novembro. Recordámosvos que ao finalizar a festa do Magosto cada familia levará a súa creación para casa.




   Grazas pola vosa colaboración de antemán.




    

                                     Equipo de Dinamización da Lingua Galega.