Un ano máis
polo Samaín os nenos do Cra xúntanse en diferentes aulas para recibir a visita
dunha bruxa moi especial; nesta ocasión os nenos de Fornelos recibiron os de
Cabreira, os de A Vesada estiveron
acompañados dos de Pesqueiras e Oleiros e os de Arantei foron visitados polos de Corzáns.
Este ano a
nosa querida Bruxa Patuxa decidiu
collerse unhas vacacións, porque estaba agotada de tanto traballar, pero
enviounos a súa prima Maruxa, a BRUXA MARUXA que tamén é moi despistada e
tivemos que axudala a recuperar o seu zapato;
ademáis contounos un montón de cousas interesantes sobre as nosas
árbores , dos seus frutos e froitas; fixemos un conxuro, bailamos, cantamos e coma
sempre, deixounos moitos agasallos.
En
definitiva, foi un día moi divertido cheo de sorpresas!!! Mirade qué ben o pasamos!!
Aquí tendes as fotos e o vídeo da visita da Maruxa, disfrutádeo!!
ola a todos,
ResponderEliminarpaseime un intre por este blog e atopeime coa querida festa do samain. Esta nova bruxa Maruxa é fantática, por aqui onde eu vivo agora non temos bruxas como esas, penso moito e todos. Unha aperta