24 dic 2015

FESTIVAL DE NADAL

O pasado 18 de Decembro celebramos o FESTIVAL DE NADAL na Casa da Cultura de Salvaterra.

Primeiro encargámonos dos preparativos para que todo saíra o mellor posible e fora un día moi especial fundamentalmente para os nen@s.
A continuación  comezamos coma todos os anos cunha obra de teatro moi divertida e nesta ocasión foron unhas nais de Cabreira as encargadas de interpretar “A galiña e o xove conde”.Grazas por facérnolo pasar tan ben!!
Despois os nen@s do Cra fixeron as súas actuacións estelares; mirade qué artistas temos!
                                   ARANTEI E CORZÁNS:
                                                               ES NAVIDAD
OLEIROS E PESQUEIRAS:
EN NAVIDAD
                                           FORNELOS:
                                                        LOS REYES MAGOS
CABREIRA E A VESADA:
VOLVER A CASA POR NAVIDAD
Logo fixéronse as actuacións conxuntas:
                     A de inglés: I´M THE HAPPIEST CHRISTMAS TREE
                   E a dos país, nais, avós, irmáns,etc: SEÑORA IAMA DA CASA
Pero tamén houbo tempo para almorzar unha rica rosca e turróns, grazas as asociacións de comerciantes “unes” e “aces” e así os nosos peques colleron forzas para o tan ansiado momento da visita das SSMM os Reis Magos de Oriente.

Grazas a todos pola vosa participación. Agardamos que o pasarades ben.
BO NADAL e FELIZ ANO NOVO!!

                                         

17 dic 2015

VISITA DO APALPADOR


POR FIN CHEGOU O TEMPO DE NADAL E O PASADO MARTES 15 DE DECEMBRO OS NENOS E NENAS DO CRA A LAGOA RECIBIRON EMOCIONADOS A VISITA DO APALPADOR. PASÁMOLO MOI BEN, MIRADE!!!

 

GRAZAS APALPADOR POR FACERNOS PASAR UN DÍA CHEO DE CANCIÓNS, HISTORIAS, BAILES E AGASALLOS.


BOAS FESTAS

Nestas Festas todo o equipo do CRA A LAGOA queremos felicitarvos o NADAL dun xeito especial.Cada aula viaxou polo mundo para aprender o seu idioma e o chegar grabaronnos este video tan especial. Boas Festas a todos!!!!!

BO NADAL E PRÓSPERO ANINOVO
 
FELIZ NAVIDAD Y PRÓSPERO AÑO NUEVO
 
BUON NATALE E FELICE ANNO NUOVO
 
FELIZ NATAL E FELIZ ANO NOVO
 
MERRY CHRISTMAS AND HAPPY NEW YEAR
 
Šťastný Nový Rok
 
HYVÄÄ JOULUA RAUHALLISTA UUTTAVUOTTA
 
祝大家圣诞快乐,新年快乐
 
 
JOYEUX NOËL ET JOYEUX ANNÉE


8 dic 2015




Papis e mamis, este ano, como todos os anteriores, tedes a misión de cantar unha panxoliña para os nenos. As profes non vos deixaremos solos!! Este ano a panxoliña chámase "Señora iama da casa", que é unha peza tradicional, arranxada por Paulo Nogueira e Magoia Bodega, e está interpretada polas Cantareiras de "Ultreia". Está incluída no disco O Quiquiriquí, editado pola Asociación de Gaiteiros Galego, e no que se fai un repaso á nosa tradición no que se refire ó Nadal, desde os moitos diferentes puntos de vista.
Aí vai!!!


SEÑORA IAMA DA CASA 

CANTEMOS E MÁIS BAILEMOS 
NA MELLOR FESTA QUE HAI 
QUE HOXE NACEU UN NENO  
QUE ESTÁ NOS BRAZOS DA NAI 
(BIS)                                                                                                SEÑORA IAMA DA CASA 
VÉÑANOS A DESPACHAR 
QUE ESTÁ A NOITE MOI FRÍA 
NON PODEMOS AGHARDAR (BIS)
TEÑO UNHA PITIÑA TEÑO(BIS)                            
CON DOCE PITOS TAMÉN 
PRA REGALARLLE A MARÍA 
QUE ESTÁ PARIDA EN BELÉN 
(BIS)                                                                                              SEÑORA IAMA DA CASA… (BIS)

LOGO VIRÁN OS PASTORES 
QUE TAMÉN O QUEREN VER 
LEVAN OVOS E MANTEIGA 
E UNHA XARRIÑA DE MEL 
(BIS)                                                                                             SEÑORA IAMA DA CASA (BIS)

O DÍA DE NOITEBOA 
E O DÍA DE NADAL 
HEI COMER MOITAS CASTAÑAS 
QUE ME VAI DAR MIÑA NAI 
(BIS)                                                                                               SEÑORA IAMA DA CASA… (BIS)