24 dic. 2015

FESTIVAL DE NADAL

O pasado 18 de Decembro celebramos o FESTIVAL DE NADAL na Casa da Cultura de Salvaterra.

Primeiro encargámonos dos preparativos para que todo saíra o mellor posible e fora un día moi especial fundamentalmente para os nen@s.
A continuación  comezamos coma todos os anos cunha obra de teatro moi divertida e nesta ocasión foron unhas nais de Cabreira as encargadas de interpretar “A galiña e o xove conde”.Grazas por facérnolo pasar tan ben!!
Despois os nen@s do Cra fixeron as súas actuacións estelares; mirade qué artistas temos!
                                   ARANTEI E CORZÁNS:
                                                               ES NAVIDAD
OLEIROS E PESQUEIRAS:
EN NAVIDAD
                                           FORNELOS:
                                                        LOS REYES MAGOS
CABREIRA E A VESADA:
VOLVER A CASA POR NAVIDAD
Logo fixéronse as actuacións conxuntas:
                     A de inglés: I´M THE HAPPIEST CHRISTMAS TREE
                   E a dos país, nais, avós, irmáns,etc: SEÑORA IAMA DA CASA
Pero tamén houbo tempo para almorzar unha rica rosca e turróns, grazas as asociacións de comerciantes “unes” e “aces” e así os nosos peques colleron forzas para o tan ansiado momento da visita das SSMM os Reis Magos de Oriente.

Grazas a todos pola vosa participación. Agardamos que o pasarades ben.
BO NADAL e FELIZ ANO NOVO!!

                                         

2 comentarios:

  1. Este comentario ha sido eliminado por el autor.

    ResponderEliminar
  2. Bonitas actuacions. Moitos Bicos aos meus alumnos de Fornelos

    ResponderEliminar

¿DESEXAS ESCRIBIR UN COMENTARIO SOBRE ESTA ENTRADA? Adiante, escribe o que queiras a continuación pero....por favor, IDENTIFÍCATE. Grazas.