25 feb. 2015

COMEZA O PRAZO DE MATRÍCULA

Dende o día 1 de marzo e hata o día 23 deste mesmo mes estará aberto o prazo de matrícula para o vindeiro curso 2015-2016

Poderedes recoller os impresos tanto a través das titoras na propia aula como na sede de cra.

Para mais información estade moi atentos aos taboleiros das vosas aulas.







21 feb. 2015

APRENDIENDO A RESPIRAR CON PATRICK

A través do video de Maria José Fano (aprendo a respirar) nas  clases de estimulación da linguaxe estamos practicando como é a correcta repiración. 

A nosa mascota de audición e linguaxe (Patrick) nos está a axudar, 

 
Ponse nas nosas barriguitas e así notamos o seu peso enriba. 

 


 
Collemos aire polo nariz e Patrick sube.






 
 
Despois sopramos pola boca e botamos o aire cara as antenas do noso amigo.





 
Mentres a nosa barriga se desinfla.


Mirade que ben o facemos





20 feb. 2015

A HORTA DO CRA. ENTROIDO 2015

Este ano a temática da nosa comparsa era a horta.

Froitas, verduras e hortalizas acompañadas por unha morea de granxeiros e granxeiras que con cariño cultivamos e coidamos cada día, para que medren fortes e sanas, nos presentamos en Leirado por mor mor da choiva.

Como é costume estivemos acompañados por o ceip de Leirado e polo cep Carlos Casares, que nos mostraron a súa orixinalidade con temáticas variopintas como o restaurante Casares, que ofrecía o seu menú do día, os reloxios de Dalí, ou os científicos mais tolos de todo Salvaterra.



Chegado o momento das actuacións, e a ritmo do grupo "bom bom chip" bailamos a canción "toma mucha fruta".




Una vez mais grazas a tódolos colaboradores e colaboradoras e deica o ano que ven.

Se queredes ver mais fotos de todo o acontecido pinchade AQUI e accederás ao álbum web.




3 feb. 2015

DE EXCURSIÓN A VIGO

O pasado luns día 2 de Febreiro viaxamos a Vigo en autobús para asistir a unha obra de teatro e para visitar un museo na fundación Abanca.

  
A obra de teatro titulábase "cuentos de tiritritrapo" da compañía "Cía. Nuevos Públicos Escénicos".






Na metade da mañá tivemos un ratiño de descanso onde tomamos a merenda.



Despois fixemos unha visita as salas de exposicións do museo.


  









 















Finalmente acabamos como verdadeiros artistas na aula obradoiro debuxando e pintando as nosas propias creacións con pinturas.






















  
Mais noticias e fotos sobre todo o acontecido neste día as tedes no noso perfil de google+ e no perfil de twitter