26 mar. 2015

CELEBRAMOS O DÍA DA ÁRBORE

O martes 24 de marzo celebramos no parque da Canuda en Salvaterra o día da árbore.

O día comezou ventoso e desapacible pero de seguida se nos esqueceu escoitando o conto "anida nada?" da editorial kalandraka, un bo aperitivo con boas ensinanzas de cara a todo o que nos agardaba.



A continuación pasámolo xenial co grupo de animación Barafunda.Primeiro co seu teatro "Pepiña Maruxiña quere voar" e despois no parque cos divertidísimos xogos de grupo.



Foi un día moi completo que grazas a colaboración do concello rematou prantando árbores no horto-xardín deste parque tan fermoso que temos no pobo.




Moitas mais fotos que sacamos neste día están publicadas no noso ÁLBUM WEB

7 mar. 2015

CONCERTO FAMILIA MARIA FUMAÇA

Onte venres tiven o pracer de disfrutar dun divertidiiiiiiiisimo concerto. A enorme familia María Fumaça deleitabanos e divertianos cun xeneroso concerto, facéndonos disfrutar coa música do seu novo libro-cd-dvd XIQUI XOQUE FIU FIU, aínda que tamén recordamos cancións do anterior disco, como a da formiguiña ou Alegría. Aí vai un pequeno vídeo con parte da familia enviándonos un saúdo






6 mar. 2015

PRESENTACIÓN DO LIBRO CD "GATUXO"

E para o domingo, neste caso tamén en Tui, o grande Magín Blanco presenta o seu derradeiro traballo, o libro cd "Gatuxo", que aínda que está dirixido para o primeiro ano de vida dos nenos, esta música con tan boa calidade é apta para todas as idades. Será o domingo ás 18.30 no Betún, un local onde se ofrecen grande variedade de concertos, e que se atopa no corazón do casco vello de Tui. Aí vai unha mostra deste traballo, aínda que calquera dos anteriores merecen a pena. Magín é un fantástico contador de historia ás que da vida coa súa música.






EVENTOS PARA A FIN DE SEMANA

Parece que se presenta un fin de semana cargado de actividades para nenos, e así como me gustan a min, MUSICAIS!! Mañá sábado, ás 17.00, no Auditorio Reveriano Soutullo de Ponteareas, represéntase o espectáculo “Os tres porquiños", unha obra musical con bonecos a tamaño real.
Tedes máis información acerca do espectáculo e da retirada de entradas no seguinte enlace.

http://galiciasurpontevedra.es/?p=5118

4 mar. 2015

Papis, mamis e familia. Este venres, a grande familia María Fumaça achegarase ó teatro de Tui ás 20.00 para presentarnos o seu novo libro cd-dvd "XIQUI XOQUE FIU FIU". Recoméndovos a todos este concerto do que poderedes disfrutar en familia. Por se o teatro se abarrotase, aí vai un enlace onde está a información por se vos animades a coller as entradas on line, http://www.culturatui.info/evento.php?filId=168&filLin=ga

Aí vai unha mostra do disco