30 jun. 2015

O TRASNO AGRICULTOR

Este ano o TRASNO  convidounos a coñecer diferentes 
refráns agrícolas. Cada aula do CRA eleximos un mes para
traballar eses refráns e fixemos varias montaxes audiovisuais que vos mostramos a continuación. Esperamos que vos gusten.







REFRÁN XANEIRO ( OLEIROS)











21 jun. 2015

RANÍCULA 14. A NOSA REVISTA

Un ano mais vos presentamos a nosa publicación Ranícula. Esta é a décimo cuarta entrega da revista e como poderedes observar cambiamos a un formato novo. 
Totalmente dixitalizado e mais dinámico, pero non por iso menos interesante, a nosa revista é un resumo de todo o acontecido neste curso, de tódalas actividades que fixemos cos nosos cativos do cra divididos en seccións e aulas.
Esperamos que desfrutedes dela.

FESTA DE FIN DE CURSO. LIRA 2015

Chegou o día da despedida, atras quedan días de traballo e diversión a partes iguais. 
Toca desfrutar do verán, xogar e seguir aprendendo e crecendo.

O día da festa de fin de curso é unha xornada especial, é un día de convivencia con tódala comunidade educativa.

Bailes, natureza, música e moitas emocións xúntanse na carballeira de Lira.

Comezamos coas actuacións por aulas, este ano tivemos bailes con moita marcha. 
Dende o rock mais actual ata os éxitos "remember" de tempos pasados. 

A mañá seguiu con bailes, esta vez todos puidemos participar seguindo as instruccións en ingles da profe Deli, a nota mais enxebre a puxo a profe Aloia, e terminamos riendo e desfrutando cos xogos do profe Moises.

Un dos momentos mais esperados, é a graduación dos alumnos e alumnas de 5 anos, velaquí tedes un resumo. 



Se todo isto vos soubo a pouco, podedes ver mais fotos no noso álbum web picando na seguinte imaxe.

 

20 jun. 2015

movete+

Durante este curso, as aulas de A Vesada e de Oleiros estivemos traballando dentro do plan galicia saludable e do plan proxecta. Esta e a nosa versión do "móvete+"

17 jun. 2015

EXCURSIÓN AOS MUIÑOS DE BAROSA

O día 10 de xuño fomos de excursión aos muiños de Barosa, en Barro (Pontevedra). 


Un espazo natural do mais fermoso onde a natureza brila con luz propia.





Pasamos un día estupendo en contacto co entorno e grazas aos monitores e monitoras que nos guiaron por tódolos recantos, vivimos novas experiencias. 


Dende ver o funcionamento dun antigo muiño de auga, ata ver e palpar coas nosas propias mans que existen diferentes grans e cereais das que obtemos diversos tipos de fariñas.


Mesmo tivemos a oportunidade de elaborar o noso propio pan caseiro.




De todo o acontecido tedes coma sempre tódalas fotos no álbum web do cra.





8 jun. 2015

QUEREMOS UN PARQUE LIMPO


O día 5 de xuño celebramos o día mundial do medio ambiente.

Coincidindo con esta data os nenos e nenas da aula de Pesqueiras fomos ao parque da nosa parroquia para limpalo. 

É unha pena que un lugar ao que poderíamos ir a xogar e pasar un bo rato, se atope nas condicións en que estaba.
 

 

Por iso realizamos unha saída coa nosa mestra Montse para deixalo como novo.






QUEREMOS UN PARQUE LIMPO!


7 jun. 2015

AUDICIÓN E LINGUAXE O NOSO TRABALLO

Moitos nenos nenas e outros tantos pais e nais se preguntan porqué unha profe do cole con nome raro (audición e linguaxe)  



ven unha vez por semana a súa aula e somentes se leva a "xogar" a uns cantos "elexidos" de entre todo o alumando. 



Durante todo o curso entrenamos e nos esforzamos para aprender a dicir as palabras que nos parecen difíciles.



 ¿Qué ten ese pequeno recuncho que axuda a falar mellor e a correxir a nosas dificultades?


Nada de misterio, a receta é moi sinxela, queredes coñecela?



Pica nas imaxes para ver os videos de cada aula.






2 jun. 2015

FESTA FIN DE CURSO VOZ NATURA

Xa a temos aquí, por fin chegou o día, a festa de fin de curso de Voz Natura. 
 
http://voznatura.com/fiesta/index.php?idseccion=11 
Non perdas esta opotunidade, voz natura está a preparar unha gran festa o día 6 de xuño
 
 
Unha xornada chea de diversión é sopresas. As actividades son todas gratuitas e para tódolos públicos.
 
 
 
Lembrade: a entrada é libre para tódalas persoas que queiran asistir. 
 
Picade na imaxe e accederedes a tódala información na páxina oficial de voz natura. 
 
Esperámoste!