24 dic. 2016

FESTIVAL DE NADAL 2016

O pasado mércores, 21 de Decembro,celebramos como todos os anos na casa da cultura de Salvaterra, o festival de Nadal. Aquí vos deixamos algúns momentos vividos ese día,no que disfrutamos co espectáculo de Barafunda e o seu "Mago Tolo",coas actuacións dos nenos e os pais, degustamos unha rica rosca e productos navideños e como non,os Reis Magos viñeron a visitarnos para recoller as nosas cartas, deixarnos un pequeno agasallo e un montón de caramelos. ACTUACIÓNS DOS NENOS E PAIS DIFERENTES MOMENTOS DO FESTIVAL VISITA DOS REIS MAGOS Grazas a todos coma sempre pola vosa participación. BO NADAL E FELIZ ANO NOVO!!!

16 dic. 2016

Felices festas e Bo Nadal

Os nenos e nenas do Cra a Lagoa queren desexarvos un Bo Nadal!!

13 dic. 2016

PANXOLIÑA DE NADAL PARA NAIS E PAIS

Ola a tod@s. Estanse achegando as festas de Nadal, e como xa saberedes, no noso festival de Nadal participamos todos. Como xa é tradicional as nais e pais (e coa colaboración das mestras), subidos todos no escenario, cantades unha panxoliña para os nenos. Non vos esquezaces de que o festival será o vindeiro mércores 21 de decembro na Casa Cultural de Salvaterra. Así que aí vai a panxoliña para que podades ir ensaiando e sabede que no festival tamén soará a música de fondo para que nos resulte máis doado.
Ánimo!!!!




LETRA

Xesusiño está nas pallas
súa nai está con el
xunto a el tamén están
o boi, a mula e máis Xosé
(BIS)

E VAMOS A VER,E VAMOS A VER
AO NOSO MENIÑO
QUE NACEU
COS OLLOS AZUIS E O PELO ROXIÑO
(BIS)

Acendede catro pallas
e vámonos pra Belén
cantarlle ron ron ao neno
pra facelo durmir ben.
(BIS)

E VAMOS A VER,E VAMOS A VER
AO NOSO MENIÑO
QUE NACEU
COS OLLOS AZUIS E O PELO ROXIÑO
(BIS)

Estas uviñas,uviñas
i estas castañas con mel
son pro meu meniño meigo
pro meu meniño Manuel
(BIS)

E VAMOS A VER,E VAMOS A VER
AO NOSO MENIÑO
QUE NACEU
COS OLLOS AZUIS E O PELO ROXIÑO
(BIS)


 DESCARGA AQUÍ A LETRA

9 dic. 2016

Convivencia Nadal 2016

Hoxe disfrutamos dunha xornada de convivencia, nesta ocasión nas aulas de Arantei, A Vesada e Fornelos onde fixemos un mural de Nadal, ensaiamos todos xuntos a panxoliña que imos facer na Casa da Cultura de Salvaterra o mércores 21 deste mes e pasámolo moi,moi ben compartindo almorzo, risas e xogos. Aquí tendes unha pequena mostra deste día especial.

1 nov. 2016

CELEBRACIÓN SAMAGOSTÍN

O pasado venres 28 de Outubro na casa da cultura de Leirado celebramos todos xuntos o SAMAGOSTÍN, o Samaín e o Magosto, e pasámolo de medo cun montón de actividades, visitas, xogos, etc. Primeiro tivemos a gran sorte de que viñera a vernos a BRUXA CATUXA coa que fartamos a rir, mirade,mirade!! _ Despois pasámolo terroríficamente ben cos chicos de Barafunda e as historias dos "DIVERTIDOS ESPÍRITOS DO SAMAÍN". _ Logo de merendar uns riquísimos bolos xa estabamos preparados para os tan ansiados xogos: as rás, os bolos, os aros bailóns, as carretillas e o paracaídas; non paramos de choutar!
Click to play this Smilebox slideshow
Create your own slideshow - Powered by Smilebox
Personalize a digital slideshow
Pero tamén houbo tempo para facer fotos arredor do fume e comer castañas, claro, qué ricas!!
Click to play this Smilebox slideshow
Create your own slideshow - Powered by Smilebox
A free digital slideshow by Smilebox
_ E coma todos os anos, non podía faltar a nosa canción do Magosto na que participaron tamén cantando as familias. Tan só nos queda darvos as grazas un ano máis pola vosa colaboración e axuda- FELIZ SAMAGOSTÍN!!

27 oct. 2016

Samaín en Oleiros

Pero que ben o pasaron en Oleiros decorando a clase e celebrando o Samaín, mirade que terrorífica quedou a escola!!!

18 oct. 2016

halloween is coming soon!!

No CRA tamén apostamos polos lácteos


Salvaterra fomenta el consumo de lácteos entre sus alumnos

16.10.2016 | 01:56

Los directores de los centros educativos y la teniente alcalde. // D.P.

La Concellería de Educación de Salvaterra ha puesto en marcha una campaña de consumo de lácteos dentro en los centros educativos del municipio. Con ella, más de 1.100 niños de la escuela infantil A Galiña Azul, el CRA A Lagoa, el CEIP Infante Felipe, el CEIP Chan de Leirado, el CEP Carlos Casares y el IES de Salvaterra recibirán yogures bebibles en horario escolar.
En la presentación de la campaña estuvo la teniente alcalde, Marta Valcárcel, y los directores de los dintintos centros educativos de la localidad. "Es una iniciativa para fomentar el consumo de lácteos que busca crear hábito entre los niños del municipio, en este caso con yogures bebibles, apostamos desde un primer momento por el consumo de productos gallegos, en este caso leche cien por cien gallega" explicó Valcárcel
http://www.farodevigo.es/comarcas/2016/10/16/salvaterra-fomenta-consumo-lacteos-alumnos/1551912.html

27 jun. 2016

FESTA FIN DE CURSO 2015-2016

O pasado día 22 de Xuño celebramos en Lira a despedida do curso cunha gran festa na que houbo de todo: cantamos, bailamos, xogamos, comimos, rimos e ata choramos polos que nos deixan pero especialmente, pasámolo de medo un ano máis todos xuntos. Agora solo nos queda desexarvos un bo verán e darvos as GRAZAS por estar sempre ahí, colaborando e participando con entusiasmo.
 Aquí vos deixamos unha mostra do que foi ese día pero tedes máis fotos no noso album do blog, picade no seguinte enlace para velas:
 https://goo.gl/photos/nkjDrsP7vVzQs7YGA





Vos agardamos o curso que ven e para os que nos deixades, profes e alumnos, simplemente que sexades moi, moi felices e que saibades que o Cra a Lagoa sempre vos recibirá cos brazos abertos xa que esta é a vosa casa.
Click to play this Smilebox slideshow
Create your own slideshow - Powered by Smilebox
This digital slideshow generated with Smilebox

21 jun. 2016

REVISTA RANÍCULA

Como sempre facemos por estas datas, aquí vos deixamos a nosa revista Ranícula, este ano vamos pola edición número 15 e está en formato dixital igual que o curso pasado. Agardamos que vos guste!

11 jun. 2016

EXCURSIÓN FIN DE CURSO 2015-2016

O Martes pasado, 7 de xuño, fixemos a excursión de fin de curso. Este ano achegámonos a Bueu e a Marín para disfrutar dunha fermosa xornada soleada cargadiña de diversión. Primeiro aprendimos un montón de cousas sobre os peixes no museo Massó de Bueu, onde tivemos un obradoiro e unha visita guiada.
Click to play this Smilebox slideshow
Create your own slideshow - Powered by Smilebox
Personalize your own free picture slideshow
Fixemos unha paradiña para almorzar e xogar un pouco moi preto do museo, xa que tiñamos que voltar para rematar a nosa visita.
Click to play this Smilebox slideshow
Create your own slideshow - Powered by Smilebox
Slideshow generated with Smilebox
E finalmente acabamos a nosa aventura no Parque dos Sentidos de Marín donde primeiro comimos os bocadillos e despois tivemos todo o tempo para disfrutar xogando.
Click to play this Smilebox slideshow
Create your own slideshow - Powered by Smilebox
This free slideshow design made with Smilebox
Foi un gran día e pasámolo moi ben todos xuntos!!

2 jun. 2016

XUNTANZA INFANTIL

O pasado venres 27 de Maio celebramos todos os colexios de Salvaterra de Miño a 6ª xuntanza escolar infantil.
Como xa sabedes é un día de festa e os protagonistas son os nenos. Tivemos un montón de xogos: os sacos, as barcas, educación vial, hinchables, etc. Mirade que ben o pasamos!
Click to play this Smilebox slideshow
Create your own slideshow - Powered by Smilebox
Another free slideshow by Smilebox
Pero tamén tivemos tempo para descansar un pouco e almorzar rica froita!!
Click to play this Smilebox collage
Create your own collage - Powered by Smilebox
This collage created with Smilebox
Moitísimas grazas a todos pola vosa participación e colaboración un ano máis!!
SEMANA DAS LETRAS GALEGAS

Durante a semana das Letras Galegas gozamos lendo algúns contos e poemas de Manuel María. E a continuación fixemos diferentes manualidades relacionadas coa lectura: arcos da vella, anduriñas, barcos, estrelas, debuxos...
Pasámolo xenial e aquí tedes a mostra.


12 may. 2016

LETRAS GALEGAS 2016

Este ano o día das letras galegas está adicado a Manuel María, nas aulas xa estamos a coñecer a vida e obra deste autor, aquí vos deixamos unha pequena mostra do que estamos aprendendo.
Click to play this Smilebox slideshow
Create your own slideshow - Powered by Smilebox
Another free slideshow by Smilebox

10 may. 2016

DÍA DA ÁRBORE

O pasado Martes 3 de Maio, celebramos no parque da Canuda o día da árbore; disfrutamos dun fermoso día soleado coa maxia de Barafunda, fixemos un montón de xogos divertidos, merendamos rica froita e como non podía ser doutro xeito, plantamos varias árbores, nesta ocasión foron tres camelios. Aquí vos deixamos unha pequena mostra dese día pero tedes máis fotos si picades no album deste blog.

5 may. 2016

EXCURSIÓN A VIGO

O pasado mércores 27 de Abril fixemos unha excursión a Vigo para ver a Mamá Cabra e visitar o museo, pasamos un día moi divertido, mirade!

26 abr. 2016

Celebración do día do libro-A VESADA-

A semana pasada todas as aulas do Cra a Lagoa celebraron o día do libro facendo diferentes actividades, aquí vos deixamos o fermoso libro que fixeron os nenos e nenas de A Vesada para conmemorar o 23 de Abril.

5 abr. 2016

ALMORZO SAUDABLE EN CABREIRA

En Cabreira adicamos unha xornada o almorzo saudable, aprendimos a comer mellor e de todo un pouco, ademáis de practicar como se lavan ben os dentes e a lingua. Degustamos xamón con pan e aceite de oliva, leite, zumo de laranxa natural e aínda que o principio parecía que non se comería todo, non quedou nada, mirade, mirade!!

3 mar. 2016

Día de Rosalía de Castro

O 24 de Febreiro celebramos nas aulas do Cra a Lagoa o día de Rosalía de Castro; recitamos os seus poemas, aprendimos moitas cousas da súa vida, fixemos diferentes manualidades e moito máis. Mirade que ben o pasamos e cantas cousas aprendimos. ARANTEI _______________________________________________ CORZÁNS ______________________________________________ CABREIRA _________________________________ PESQUEIRAS ________________________________ OLEIROS _______________________________________ A VESADA ______________________________
FORNELOS

23 feb. 2016

Día de Rosalía de Castro

Mañá celébrase o aniversario do nacemento de Rosalía de Castro e queríamos recomendarvos unha fermosa lectura da editoria Galaxia chamada Rosalía pequeniña, un libro disco que mestura poemas de Rosalía de Castro, ilustracións de Marina Seoane e mais a voz de Uxía. O proxecto, editado na colección Sonárbore, está dirixido aos máis pequenos da casa e presenta unha Rosalía meniña que busca dialogar directamente cos ouvintes. No disco atópanse colaboracións como as de Sés, Isaac Palacín, Habelas Hainas ou Magín Blanco, e con Sergio Tannus a cargo da gravación e da dirección musical.

11 feb. 2016

XORNADA DE PORTAS ABERTAS

Lembrade que o próximo MARTES 16 DE FEBREIRO terá lugar a xornada de portas abertas nas diferentes aulas do noso CRA, de 16 a 17.30 horas, estades todos convidados!!!




O NOSO ENTROIDO NA PRENSA DIXITAL

A prensa tamén fíxose eco do noso entroido, pica no enlace e poderás velo.

http://grupoescomunicaciongalicia.com/?p=31823



7 feb. 2016

CELEBRACIÓN DO ENTROIDO

O venres 5 de Febreiro celebramos o tan ansiado ENTROIDO polas rúas de Salvaterra de Miño e no parque da Canuda , xunto co CEIP de Leirado e o CEP Carlos Casares.
Este ano a nosa comparsa "O PEQUENO REINO DO CRA A LAGOA" estaba chea de trasnos e fadas que primeiramente percorreron as rúas de Salvaterra baixo un fermoso sol para rematar no parque da Canuda onde tivo lugar a lectura do testamento, a queima do meco, e as diferentes actuacións dos colexios.
Aquí podedes ver o ben que o pasamos!!!










GRAZAS A TODOS UN ANO MÁIS POLA VOSA PARTICIPACIÓN E COLABORACIÓN!!

4 feb. 2016

O ENTROIDO XA CHEGOU

XA ESTÁ AQUÍ O ENTROIDO E MAÑÁ, SE O TEMPO NOS DEIXA, A NOSA COMPARSA DE TRASNOS E FADAS ," O PEQUENO REINO DO CRA A LAGOA" PERCORRERÁ AS RÚAS DE SALVATERRA ANTES DE QUEIMAR O MECO E FACER A SÚA ACTUACIÓN ESTELAR NO PARQUE DA CANUDA.
AQUÍ VOS DEIXO UN PEQUENO ADIANTO, MIRADE QUE BEN O PASAMOS COS PREPARATIVOS E QUE  FEITIÑO QUEDOU O NOSO MECO QUE FOI PERCORRENDO TODAS AS AULAS DO CRA DURANTE ESTA SEMANA.








1 feb. 2016

CABREIRA CELEBRANDO O DÍA DA PAZ

Na aula de Cabreira o venres pasado tamén celebramos o DÍA DA PAZ facendo pombas e pulseras cargadas de mensaxes para todo o mundo, mirade que bonito nos quedou.




30 ene. 2016

DÍA DA PAZ NA AULA DE A VESADA

Dende a aula de A Vesada queríamos desexarbos un FELIZ DÍA DA PAZ e que vexades que ben o pasamos o pasado venres 29 de xaneiro facendo unhas fermosas pombas coa nosa mensaxe de PAZ para todos.