15 dic. 2017

CHRISTMAS CAROL

Aquí vos deixo a panxoliña de inglés que van cantar todos os nenos e nenas do Cra a Lagoa,así podedes ensaiar cos vosos fillos se queredes.
WE WISH YOU A MERRY CHRISTMAS!!




13 dic. 2017



E aí vai a canción para que as familias lles cantedes ás nenas e nenos. Ide afinando a voz!!!

3 nov. 2017

CELEBRACIÓN SAMAGOSTÍN

O pasado 31 de Outubro, celebramos no centro cultural de Leirado o SAMAGOSTÍN.Coma outros anos, xuntámonos tódalas aulas do CRA A LAGOA para festexar o SAMAÍN, xunto coa xa famosa bruxa CATUXA e tamén o MAGOSTO, comendo castañas e almorzando un riquísimo chocolate, froita e bollos grazas a colaboración da nosa ANPA.
A festa, como non podía ser de outro xeito, comezou cun conxuro convocando a nosa querida bruxa Catuxa que coma sempre, viña algo despistada e se non chega a ser polos nen@s non atopa o seu preciado zapato "con suela de goma, cintas e lazos"; con ela cantamos, rimos e levamos algún que outro pequeno sustiño.
Despois chegou o turno para Luis Vallecillo e a sua actuación "Cantoche un conto?" quen coa axuda dunha guitarra fixo mover a todo o mundo antes da merenda.
A continuación fixemos un montón de xogos divertidos:Aros balóns, transporte de castanas, rás, carreira de carretillas e paracaídas.
Finalmente,xa coa chegada dos pais, cantamos as cancións do magosto e o samaín, e coma colofón final probamos o riquísimo chocolate e as castañas que con moito cariño nos fixo a ANPA.
Aquí vos deixamos unha mostra do ben que o pasamos ese día e coma sempre, todos nós queremos darvos as grazas pola vosa colaboración e participación.










17 oct. 2017

TODOS CONTRA O LUME

Tendo en conta a traxedia acontecida estes días na nosa terra, os nosos nen@s tamén quixeron axudar e deixar constancia de cómo viviron eles esta terrible catástrofe que lles tocou tan preto.
LUME NON!!!!!!

11 oct. 2017

HALLOWEEN is coming

Samaín está a chegar, estades preparados para a noite máis terrorífica do ano?No Cra a Lagoa xa andamos a calentar motores....... aquí vos deixamos unha das nosas cancións favoritas de halloween

28 jun. 2017

REVISTA ESCOLAR: RANÍCULA nº 16

Aquí queda o enlace da revista dixital Ranicula 16, agardamos que vos guste e que disfrutedes coas nosas actividades

http://prezi.com/pv44ckpgmopz/?utm_campaign=share&utm_medium=copy


27 jun. 2017

FESTA FIN DE CURSO


O pasado 23 de Xuño fixemos unha gran festa de despedida de curso en Lira onde tamén graduamos os nenos e nenas de 5 anos.
Comezamos coas actuacións:

PESQUEIRAS-CORZÁNS-CABREIRA:"IMOS BAILAR"



ARANTEI-A VESADA:"MADRE TIERRA"




OLEIROS:"REMIX MAIMIÑAS"




FORNELOS:"OS RAIOS DE SOL"



Despois viñeron os bailes coa mestra Aloia:



E por fin a tan ansiada graduación dos nenos e nenas de 5 anos:





Pero eles tamén nos deleitaron coa súa actuación: "O BAILE DO TIBURÓN"




Finalmente rematamos coa comida, os inchables e o taller de maquillaxe.Aquí vos deixamos máis fotos destes momentos e tamén da exposición que tivemos  relacionada co proxecto que fixeron os nenos durante todo o curso.







Antes de desexarvos felices vacacións non quería deixar de mencionar aos compañeiros que nos deixan este curso, algúns levaban mooooitooos anos con nós e outros menos, pero todos deixan unha imborrable pegada no Cra. Que vos vaia moi ben e xa sabedes onde seguides tendo a vosa casa!!
Grazas a todos coma sempre por colaborar e compartir con nós estes momentos.
Feliz verán e ata o curso que ven.












22 jun. 2017

EXCURSION A CAMPOLAMEIRO

Despois dun longo curso de traballos prehistóricos o pasado 6 de xuño fomos visitar a zona arqueolóxica de Campolameiro.
Alí pasamos todo o día pintando como eles, vendo os seus petroglifos e as reconstruccións de vivendas que teñen ali. Tamén hai un museo e una zona enorme para pasear e visitar todos os descubrementos que atoparon ali os arqueólogos.


30 may. 2017

16 may. 2017

LETRAS GALEGAS 2017


 No centro cultural Jose Ángel Valente na rúa do Paseo de Ourense podedes atopar unha fermosa exposición titulada "Os mundos de Carlos Casares" que ben paga a pena ser vista para coñecer un pouco máis ó autor homenaxeado este ano polo día das letras galegas. 
Aquí vos deixamos unha pequena mostra deste fermoso proxecto.




28 abr. 2017

EXCURSIÓN A VIGO

O pasado luns 24 de abril fomos de excursión a Vigo para ir o museo Abanca e ver o espectáculo de Gatuxo en directo.
Aprendimos un montón de cousas novas e pasámolo en grande, aquí vos deixamos coma sempre unha pequena mostra do acontecido ese día.






10 abr. 2017

Celebración día da árbore 2017

O pasado martes 4 de Abril, celebramos no parque da Canuda o día da árbore.

Co espectáculo e as actividades de Barafunda comenzamos a festa:


Logo dun rico e fresco almorzo de froita comezamos os xogos:



E como non podía ser de outro xeito, e xa que o tempo acompañaba, prantamos unhas cantas árbores para festexar o día da árbore:


Coma sempre grazas a todos por colaborar con nós e ata a próxima.


26 feb. 2017

ENTROIDO 2017

Como todos os anos, o pasado venres 24 de Febreiro, no CRA A Lagoa celebramos o tan desexado Entroido que comezou na praza do Concello onde nos xuntamos cos outros colexios para despois percorrer as rúas de Salvaterra de Miño e rematar no fermoso parque da Canuda cunha gran festa na que queimamos o meco, limos o manifesto, merendamos,actuamos, xogamos e trouleamos sen parar. Nesta ocasión,xa que andamos a traballar a Prehistoria nas aulas, o noso disfraz non podía ser outro que o de troglodita e a nosa actuación tamén tivo a mesma temática. Pasámolo fenomenal e ata tivemos a sorte de ter un fermoso día de sol. Aquí vos deixamos unha mostra do ben que o pasou a nosa tribu dos trogloditas da lagoa na celebración do Entroido e coma sempre: GRAZAS A TODOS POLA VOSA PARTICIPACIÓN E COLABORACIÓN.

17 feb. 2017

Día de Rosalía de Castro

O vindeiro VENRES 24 de Febreiro celebrase o día de Rosalía de Castro e nas nosas aulas faranse diferentes actividades para festexar este día tan especial. Os nenos e nenas do Cra traballarán coa canción de Uxía chamada ROSALÍA PEQUENIÑA. Aquí vola deixamos para que vaiades practicando.

24 ene. 2017

Día da Paz

Por estas datas no Cra a Lagoa estamos a celebrar nas aulas o día da Paz. Aquí vos deixamos un fermoso conto para que nunca nos esquezamos da importancia desta celebración e de recordala todos os días do ano. Tamén podedes ver algunhas das actividades que están facendo os nenos. A VESADA
CORZÁNS
En OLEIROS tamén fixeron varias actividades: Pombas, corazóns, cancións, bailes,etc.
FORNELOS
ARANTEI