26 feb 2017

ENTROIDO 2017

Como todos os anos, o pasado venres 24 de Febreiro, no CRA A Lagoa celebramos o tan desexado Entroido que comezou na praza do Concello onde nos xuntamos cos outros colexios para despois percorrer as rúas de Salvaterra de Miño e rematar no fermoso parque da Canuda cunha gran festa na que queimamos o meco, limos o manifesto, merendamos,actuamos, xogamos e trouleamos sen parar. Nesta ocasión,xa que andamos a traballar a Prehistoria nas aulas, o noso disfraz non podía ser outro que o de troglodita e a nosa actuación tamén tivo a mesma temática. Pasámolo fenomenal e ata tivemos a sorte de ter un fermoso día de sol. Aquí vos deixamos unha mostra do ben que o pasou a nosa tribu dos trogloditas da lagoa na celebración do Entroido e coma sempre: GRAZAS A TODOS POLA VOSA PARTICIPACIÓN E COLABORACIÓN.

17 feb 2017

Día de Rosalía de Castro

O vindeiro VENRES 24 de Febreiro celebrase o día de Rosalía de Castro e nas nosas aulas faranse diferentes actividades para festexar este día tan especial. Os nenos e nenas do Cra traballarán coa canción de Uxía chamada ROSALÍA PEQUENIÑA. Aquí vola deixamos para que vaiades practicando.