Foi un día moi especial de convivencia ó aire libre no que disfrutamos de diferentes talleres e xogos: saltamos e trouleamos nos inchables, ollamos as aves nun fermoso paseo en barca, pescamos nas fontes , fixemos unha manualidade que levamos para casa, practicamos polo circuito,nas bicis e patinetes, as normas de prevención e seguridade vial, montamos nos coches de policía, nos explicaron para qué serve gran parte do material que empregan no seu día a día e ata puidemos tocalo, merendamos rica e fresca froita e ainda tivemos tempo para xogar no parque.
Coma sempre, grazas a todos por participar, colaborar e facer que este día sexa posible.
Aquí vos deixamos un vídeo cunha mostra do que disfrutamos na Xuntanza.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
¿DESEXAS ESCRIBIR UN COMENTARIO SOBRE ESTA ENTRADA? Adiante, escribe o que queiras a continuación pero....por favor, IDENTIFÍCATE. Grazas.